DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50917

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2023 pola que se adxudican as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas de Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, convocadas pola Resolución desta axencia do 18 de xaneiro do ano 2023 (código de procedemento IN848F).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 18 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 28, do 9 de febreiro) convocáronse as subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3.

No seu artigo 20 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 17 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 18.

Con base no anterior, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 31 de xullo de 2023 pola comisión de selección, o 7.8.2023 a directora da Axencia Galega de Innovación resolveu a concesión das axudas para mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS.

O 2.8.2023, a directora da Axencia Galega de Innovación ditou resolución de incremento do crédito previsto na Resolución do 18 de xaneiro de 2023. O importe do citado incremento é de 120.000 €, consignados na aplicación orzamentaria 05.A2.561A.770.0, código de proxecto 2016 00013. Deste modo, o crédito destinado a estas axudas queda por un importe máximo total de 870.000,00 €.

De acordo con isto, e atendendo ao informe elaborado na sesión do 31 de xullo de 2023 pola comisión de selección e o informe do órgano instrutor do 8 de agosto de 2023,

RESOLVO:

Conceder as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, a todas ás solicitudes que figuran como anexo I (ordenadas por número de expediente).

O importe total das axudas concedidas en virtude da Resolución do 18 de xaneiro de 2023 é de 860.901,61 €, con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación/proxecto

Liña

Anualidade 2023

Total

05.A2.561A.770.0/2016 00013

Liña 1. Servizos de apoio á innovación

662.996,61 €

860.901,61 €

Liña 2A. Tramitación de incentivos fiscais e bonificacións de persoal investigador

79.445,00 €

Liña 2B. Xestión de axudas

118.460,00 €

De conformidade co artigo 7.4, polo cal non se financia a fabricación de prototipos, minorase 1.100,00 € do orzamento elixible do expediente número 052_IN848F_1_23_1093123 correspondente a Fish and Food Technology, S.L. con CIF B02970937.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 26 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 25 no seu punto 1.

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 27 da resolución de convocatoria.

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Entidades beneficiarias da liña 1 (orde de núm. de expediente)

Núm. de expediente

Razón social

CIF

Puntos

Orzamento total

Axuda total

004_IN848F_1_23_625100

Análisis y Soluciones de Ingeniería, S.L.

B36525772

15,5

50.000,00

35.000,00

061_IN848F_1_23_1095523

H Paniagua, S.L.

B32001893

15

36.020,00

25.214,00

052_IN848F_1_23_1093123

Fish and Food Technology, S.L.

B02970937

14,5

48.900,00

34.230,00

073_IN848F_1_23_1096886

Abraham Tenoira Reina

***7204**

14,5

23.000,00

16.100,00

055_IN848F_1_23_1094715

José Luís Peña García

***9375**

14

50.000,00

35.000,00