DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50911

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 18 de agosto de 2023 de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da xestión dos centros de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) dirixidos a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (código de procedemento BS213J).

No Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño de 2023, publícase a Resolución do 1 de xuño de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidades encargadas da xestión dos centros de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) dirixidos a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (código de procedemento BS213J).

O número 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 1 de xuño de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 18 de agosto de 2023 o órgano competente emite a resolución que finaliza o dito procedemento.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de agosto de 2023 ditada no procedemento BS213J de selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da xestión dos centros de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) dirixidos a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, que se xuntará á presente resolución no anexo.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada para cada lote.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 18 de agosto de 2023 pola que se seleccionan entidades privadas sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da xestión dos centros de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) dirixidos a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (código de procedemento BS213J)

A través da Resolución do 1 de xuño de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidades encargadas da xestión dos centros de intervención educativa en medio aberto (CIEMA) dirixidos a persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (código de procedemento BS213J).

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución por lotes, as seguintes entidades, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 1 de xuño de 2023, publicada no DOG núm. 115, do 19 de xuño.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece as seguintes puntuacións para as entidades presentadas ao concerto:

Lote 1: Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) na provincia de Lugo.

Entidade: Fundación Educativa e Social Dignidade.

Total puntuación de criterios

86,90 puntos

Lote 2: Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) na provincia de Ourense.

Entidade: Asociación Centro Trama.

Total puntuación de criterios

76,30 puntos

Lote 3: Centro de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) na provincia de Pontevedra.

Entidade: Asociación Arela.

Total puntuación de criterios

79,20 puntos

Segundo. Adxudicar o lote 1 do concerto social do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Entidade

Fundación Educativa e Social Dignidade

NIF

G27473677

Código de procedemento: BS213J.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 19 de xuño de 2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde o 1.9.2023 ata o 31.8.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

2023 (4 meses)

94.847,88 €

2024

318.727,32 €

2025

326.691,96 €

2026

326.691,96 €

2027 (8 meses)

228.082,80 €

Total 4 anos

1.295.041,92 €

Terceiro. Adxudicar o lote 2 do concerto social do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Entidade

Asociación Centro Trama

NIF

G80054760

Código de procedemento: BS213J.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 19 de xuño de 2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde o 1.9.2023 ata o 31.8.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

2023 (4 meses)

92.996,96 €

2024

313.478,88 €

2025

322.022,76 €

2026

322.022,76 €

2027 (8 meses)

224.981,68 €

Total 4 anos

1.275.503,04 €

Cuarto. Adxudicar o lote 3 do concerto social do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Entidade

Asociación Arela

NIF

G36846152

Código de procedemento: BS213J.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 19 de xuño de 2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde o 1.9.2023 ata o 31.8.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

2023 (4 meses)

115.285,12 €

2024

391.735,56 €

2025

401.070,72 €

2026

401.070,72 €

2027 (8 meses)

279.674,56 €

Total 4 anos

1.588.836,68 €

Quinto. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro). Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.