DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51455

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023 pola que se dá publicidade da Resolución de Alcaldía número 1872/2023, do 1 de agosto, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a praza de funcionaria/o de carreira técnica/o da Administración xeral, subescala técnica, subgrupo A1 deste concello (Departamento de Intervención) e de formación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición.

Mediante a Resolución de Alcaldía número 1872/2023, do 1 de agosto, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de funcionario/a de carreira técnica/o da Administración xeral, subescala técnica, subgrupo A1 do Concello de Noia (Departamento de Intervención) e de formación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 149, do 7 de agosto de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

Grupo

A

Subgrupo

A1

Escala

Administración xeral

Subescala

Técnica

Vínculo

Funcionario

Denominación

Técnico da Administración xeral

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal) e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.

Noia, 7 de agosto de 2023

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde