DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51454

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2023 pola que se dá publicidade da Resolución de Alcaldía número 2023-0512, do 2 de agosto de 2023, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de arquitecto/a deste concello, mediante o sistema de concurso-oposición.

Resolución de Alcaldía número 2023-0512, do 2 de agosto de 2023, do Concello da Lama, pola que se aproban as bases e a convocatoria do concurso-oposición para cubrir a praza de arquitecto/a (posto RPT 03.01.01), persoal funcionario deste concello, encadrada no grupo A, subgrupo A1.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 154, do 10 de agosto de 2023, constan a convocatoria e a ligazón ás bases para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de concurso-oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria, publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, cuxas características son:

Denominación da praza

Arquitecto/a

Réxime

Funcionario/a

Unidade/área

Urbanismo, Obras e Servizos Básicos

Brigada de obras e servizos básicos

Grupo/subgrupo/categoría profesional

A1

Escala

Admón. especial (técnico/a)

Nivel

25

Titulación exixible

Licenciado/grao en Arquitectura

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, co enderezo https://concellodalama.sedeelectronica.es, para maior difusión.

A Lama, 10 de agosto de 2023

David Carrera Cal
Alcalde