DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira (tres administrativos/as pola quenda de promoción interna e unha administrativa pola quenda libre).

A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 7 de xullo de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello:

– Clara Barciela Balado, con DNI ***9871**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas, convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP ordinaria do ano 2022.

– Segundo Feijoo Fariña, con DNI ***0540**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas, convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP ordinaria do ano 2022.

– Adrián Villa Mújico, con DNI ***3189**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas, convocadas polo sistema de promoción interna, da OEP ordinaria do ano 2022.

– Mónica Casas Váquez, con DNI ***2629**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas, convocadas polo sistema de oposición libre, da OEP ordinaria do ano 2022

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 31 de xullo de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos
non Territorializados