DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2023 Páx. 51457

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 12 de xullo de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello, en virtude de propostas do Tribunal Cualificador dos procesos selectivos convocados en cumprimento da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

– Concepción Pousada Carballo, con DNI ***9865**, para ocupar unha praza de traballador/a social da escala de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Silvia Rodríguez Fontán, con DNI ***8204**, para ocupar unha praza de traballador/a social da escala de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– Ana Belén Rodríguez Carragal, con DNI ***9630**, para ocupar unha praza de traballador/a social da escala de Administración especial reservada a persoas con discapacidade xeral, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– María Luisa Dacosta Figueiras, con DNI ***5419**, para ocupar unha praza de asistente/a social da escala de Administración especial, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

– María de los Ángeles Penedo Pita, con DNI ***5627**, para ocupar unha praza de asistente/a social da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as ditas resolucións de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.

Pontevedra, 31 de xullo de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos
non Territorializados