DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51481

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I de Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo as aplicacións orzamentarias 11.04.322C.470.11 e 11.04.322C.470.6 da Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I de Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C) e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.

Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/plans-de-rescate/persoas-e-entidades-beneficiarias

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social