DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51470

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 24 de maio de 2023, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S-5.I, formulado pola entidade mercantil Avento Consultores Inmobiliarios, S.L., representada por Alejandro Extremera Díez.

Así mesmo, acordou significar que esta aprobación inicial determina automaticamente, pola aplicación do disposto nos artigos 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e 86.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, a suspensión do procedemento do outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial afectado pola modificación da delimitación deste sector S-5.I na estrema coa rúa dos Carpinteiros, segundo se grafía na planimetría do Plan parcial. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous años e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do Plan parcial.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de dous meses durante o cal poderá ser examinado o contido íntegro do documento aprobado no seguinte enderezo electrónico:

https://treboada.lugo.gal/index.php/s/2mJCWdkacpbCc6a

Así mesmo, signifícase que durante o indicado prazo poderán presentarse neste concello as alegacións e suxestións que se desexen.

Para calquera dúbida ou aclaración poderán dirixirse ao Servizo Municipal de Urbanismo en xornada laboral entre as 10.00 e as 14.00 horas (rolda da Muralla, nº 197, 1º andar).

Lugo, 29 de agosto de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza