DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51615

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Convocatoria proba de galego-Celga 2.

En sesión que tivo lugar o 29 de agosto de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de xullo de 2023 para cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas para a redución da temporalidade no emprego público (DOG núm. 141, do 26 de xullo de 2023),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización da proba de coñecemento da lingua galega as persoas aspirantes que figuran no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, correspondentes aos seguintes procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de acordo co establecido nas bases das convocatorias publicadas polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26.12.2022, e DOG núm. 245, do 27.12.2022), modificada polas resolucións do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23.2.2023) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 23, do 7.2.2023), non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30.7.2007), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19.2.2014):

– Procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na escala de persoal subalterno e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14, 14ª do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segundo. De conformidade co disposto nas bases das convocatorias, este exercicio terá lugar no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, o día 10 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento que acredite de forma fidedigna a súa identidade, a xuízo do tribunal; de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Adrián Vázquez Espasandín
Presidente do tribunal