DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 22 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2023/21-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LMT CAS805-CAS806 entre os apoios núm. D29 e D34, na Casa do Concello de Castrelo de Miño, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 22 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/21-3.

Instalación: reforma da LMT CAS805-CAS806 entre os apoios núm. D29 e D34.

Concello: Castrelo de Miño.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Fonteiriña

Descoñecido

Titular descoñecido

Casa do Concello de Castrelo de Miño

26.9.2023

11.40

2

Fonteiriña

María del Carmen Villanueva Cobelas

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Castrelo de Miño

26.9.2023

11.30