DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia nun expediente de expropiación, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no lugar de Alvedro, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 23 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).

Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do grupo Caamaño, no lugar de Alvedro.

Concello: Culleredo.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito

Importe

3

1140912NH5913N

Talleres Mecánicos e Industriales, S.A.

686/2023

2.141,64 €

11

1140929NH5913N

Talleres Mecánicos e Industriales, S.A.

681/2023

1.937,38 €