DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51773

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas

ANUNCIO do 31 de agosto de 2023 polo que se publicita a exposición das listaxes definitivas das persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos grupos II e III-categoría 62 do persoal laboral fixo (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022).

En cumprimento do establecido no punto I.4 das bases da convocatoria, anúnciase que na páxina web da Funga (https://www.funga.org) está publicada a Resolución do 31 de agosto de 2023 pola que se aproban as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como a listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba de coñecemento da lingua galega requirida.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega
para a Tutela de Persoas Adultas