DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de aprobación da convocatoria e bases do proceso selectivo (conserxe).

No Boletín Oficial da provincia número 149, do 7 de agosto de 2023, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira, escala da Administración xeral, subescala subalterna, baixo a denominación conserxe.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como recollen as bases do proceso.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Porto do Son, 7 de agosto de 2023

José Luis Oujo Pouso
Alcalde