DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza vacante de arquitecto/a.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 157, do 16 de agosto de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir definitivamente, mediante o sistema de selección de oposición, a praza de arquitecto/a, da escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, reservada a funcionarios de carreira, incluída na oferta de emprego público do ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Ponte Caldelas, 21 de agosto de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde