DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51824

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de xullo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 48323, no primeiro parágrafo, onde di:

«... para cualificar o proceso selectivo para o ingreso por acceso libre no corpo facultativo...».

Debe dicir:

«... para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo...».

Na páxina 48323, o acordo segundo substituirase polo seguinte texto:

«Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de quince puntos (15 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal, do 25 de maio de 2023, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de dezaseis (16) persoas aspirantes, e na quenda de promoción interna estableceuse que o superará un mínimo dunha persoa.

Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación, cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Seguindo os citados criterios de valoración, asígnase a valoración de 15 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 48 respostas correctas, sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (36 respostas correctas) e segunda (12 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar cos acertos que excedan nunha parte os que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Feita a corrección en sesión do 17 de xullo de 2023, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 2 aspirantes no conxunto de todas as quendas».

Na páxina 48324, no acordo terceiro, onde di:

«Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de Administración especial».

Debe dicir:

«Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de Administración especial».