DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51826

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

Con data do 5 de maio de 2023, publicouse no Diario Oficial de Galicia (en adiante, DOG) número 86 a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

Con data do 23 de maio de 2023, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

O 4 de agosto de 2023, o DOG publicou a Resolución do 27 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D). Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión.

Unha vez rematado este prazo, e de acordo co establecido no punto 4.3 da referida Orde do 19 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio).

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en adiante, Agasp) http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de provisión por mobilidade, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 29 de agosto de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023

NIF cifrado

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

Causa exclusión

***0722**

Daniel

Bustabad

Santiago

1, 2

***3222**

Carlos

Cancela

Calvo

2

***4630**

Salvatore

De Fusco

Goyanes

2

***6961**

Víctor

Diz

González

2

***2453**

Iván

Pérez

Soto

2

***8784**

Ángel

Rial

González

1, 2 ,3

***5267**

Brais

Roca

Acuña

2

***6239**

Eloy

Vázquez

Cedeira

2

***0761**

Alexander

Vila

Durán

2

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.3.1.g) da convocatoria-certificado

3

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.3.1.e)-relación de méritos