DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52328

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes nos procesos selectivos convocados para cubrir catro prazas de técnica/o medio de Administración xeral e unha praza de técnica/o medio de Administración xeral reservada a persoas con discapacidade (CL2023M).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 111, do 9 de xuño de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra.

No BOPPO núm. 151, do 7 de agosto de 2023, publicouse unha rectificación das titulacións de acceso nos procesos selectivos de catro prazas de técnica/o medio de Administración xeral e dunha praza de técnica/o medio de Administración xeral reservada a persoas con discapacidade.

Polo exposto, declárase a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, nos procesos selectivos mencionados, de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no BOPPO.

Pontevedra, 4 de setembro de 2023

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. núm. 2023006130, do 2.8.2023)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral