DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52327

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación das bases que deben rexer a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense están expostas as bases da convocatoria para a cobertura do posto de director/a xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, de provisión polo sistema de libre designación.

Así mesmo, procedeuse á súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 185, do 12 de agosto de 2023.

O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base terceira, de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense.

Ourense, 14 de agosto de 2023

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde