DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52357

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade medicina subacuática e hiperbárica.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade medicina subacuática e hiperbárica, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade medicina subacuática e hiperbárica, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade medicina subacuática e hiperbárica

Tribunal titular:

Presidencia:

– María Ángeles Bouza Prego, profesora numeraria da Escola Superior de Mariña Civil da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Departamento de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

Secretaría:

– Guillermo José Rodicio Cimadevilla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Vogais:

– Beatriz Ferro Soto, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

– María Mercedes Lanza Gándara, persoal funcionario do corpo especial de inspección médica.

– José Javier Ventosa Rial, persoal estatutario, grupo técnico de función administrativa.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Adrián Vázquez Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– María Gloria López Juiz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Beatriz Asorey Torres, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

– Óscar Martín Fernández, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

– Enrique Manuel Cobelo López, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.