DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52354

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima

Tribunal titular:

Presidencia:

– Manuel Romero Gómez, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.

Secretaría:

– Ángel Luis Araújo González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Angélica Díaz de la Rosa, profesora titular da Área de Ciencias e Técnicas da Navegación do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.

– Enrique Manuel Cobelo López, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

– Beatriz Ferro Soto, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Álvaro Baaliña Insua, profesor titular da Área de Máquinas e Motores Térmicos do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña.

Secretaría:

– Rosa Giao Sánchez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

– Beatriz Asorey Torres, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

– Ramón Otero Martínez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

– Susana Fandiño Silva, persoal funcionario do corpo facultativo superior, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.