DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria para prover oito prazas de bombeiro condutor.

No BOP número 127, do 5 de xullo de 2023, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de 8 prazas de bombeiro condutor (rectificadas no BOP número 138, do 20 de xullo de 2023).

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O anterior faise público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de agosto de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía Presidencia do 19.6.2023; BOP do 27 de xuño)
Susana Mª Sanjurjo Fraga
Concelleira de Facenda, Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística