DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos dentro do procedemento extraordinario de estabilización de emprego público de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 23 de agosto de 2023, do Concello de Maside, apróbase a convocatoria excepcional para cubrir varias prazas, mediante os sistemas de concurso e concurso-oposición, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022 (modificación parcial no número 126, do 3.6.2023), publicáronse integramente as bases xerais e específicas que deben rexer a convocatoria para prover:

– Unha praza de psicólogo/a de servizos sociais do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Unha praza de traballador/a social do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Unha praza de educador/a social do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Dúas prazas de auxiliar administrativo/a do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Unha praza de arquitecto/a do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Unha praza de auxiliar administrativo/a/contable do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Unha praza de auxiliar de recadación do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Maside, 23 de agosto de 2023

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde