DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52764

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases da convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes pertencentes ao cadro de persoal funcionario pola quenda de acceso libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 5 de agosto de 2023, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario no Concello de Lugo:

– Tres prazas de traballador/a social, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, quenda libre.

– Unha praza de operario/a de cemiterio, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais), quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade intelectual.

Por outra parte, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 176, do 2 de agosto de 2023, publicáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario no Concello de Lugo:

– Unha praza de ordenanza, encadrada na escala da Administración xeral, subescala subalterna, grupo AP (agrupacións profesionais), quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 10 de agosto de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 5756/2023, do 21.6.2023)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Concelleiro delegado de Economía e Recursos Humanos