DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52763

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases da convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes pertencentes ao cadro de persoal funcionario en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 5 de agosto de 2023, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– Unha praza de encargado/a monitor/a educación viaria, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de funcións especiais, subgrupo C1, quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficial/a albanel, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, subgrupo C2, quenda de promoción interna.

– Unha praza de oficial/a fontaneiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, subgrupo C2, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 10 de agosto de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 5756/2023, do 21.6.2023)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Concelleiro delegado de Economía e Recursos Humanos