DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da oferta de emprego público sectorial para o ano 2023 para prazas de policía local.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2023, adoptou, entre outros, o Acordo 33/600 de aprobación urxente da oferta de emprego público sectorial do Concello de Lugo para o ano 2023 para prazas de policía local, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Primeiro. Aprobación da oferta de emprego público sectorial para o ano 2023 para prazas de policía local, co número de prazas de persoal funcionario que se relacionan:

Prazas por oposicion libre: dez (10) prazas de policía local, Administración especial, escala básica, categoría policía, subgrupo C1, siete (7) por oposición libre e tres (3) por mobilidade.

Segundo. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo».

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 5 de agosto de 2023, foi publicado anuncio relativo á aprobación da oferta de emprego público sectorial para o ano 2023 para prazas de policía local.

Lugo, 10 de agosto de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 5756/2023, do 21.6.2023)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Concelleiro delegado de Economía e Recursos Humanos