DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de oficial/a sepultureiro/a pertencentes ao cadro de persoal funcionario en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación das ditas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 166, do 20 de xullo de 2023, publicáronse as bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura das seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Lugo:

– Dúas prazas de oficial/a sepultureiro/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, subgrupo C2, quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 10 de agosto de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 5756/2023, do 21.6.2023)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Concelleiro delegado de Economía e Recursos Humanos