DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 52841

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas dos Ancares, Chantada, Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, A Mariña Oriental, Sarria, Terra Chá e Terra de Lemos.

As afeccións ocasionadas polas poboacións de xabaril veñen experimentando nos últimos anos un incremento no conxunto do territorio de Galicia, que obedece en gran medida aos cambios de uso no medio e ás características ecolóxicas da especie.

Tense constatado que a especie provoca múltiples danos na agricultura e accidentes de tráfico, sendo un problema adicional a presenza cada vez máis habitual de xabarís nas zonas periurbanas.

Así mesmo, unha elevada poboación de xabarís favorecería o risco de dispersión de certas enfermidades, como a peste porcina africana, dificultando a súa erradicación nun momento dado, de ser necesaria.

Tanto a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, como a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, establecen as excepcións relativas ás prohibicións establecidas nesta normativa para garantir a conservación de especies autóctonas silvestres, e recolle que a Comunidade Autónoma poderá autorizar a captura e/ou morte de especies silvestres en caso de efectos prexudiciais para a saúde e seguridade das persoas e para previr prexuízos importantes aos cultivos, o gando, os bosques, a pesca e a calidade das augas e para protexer a flora e a fauna silvestres e os hábitats naturais, entre outros supostos, de non existir outra solución satisfactoria e sen que isto supoña causar un prexuízo ao mantemento nun estado de conservación favorable das especies ou as poboacións de que se trate, na súa área de distribución natural.

Por outra banda, o artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, establece que poderán quedar sen efecto as prohibicións previstas no seu capítulo III, protección das pezas de caza e autorizacións especiais, despois da autorización da dirección xeral competente en materia de caza, cando da súa aplicación se deriven efectos prexudiciais para a saúde, a seguridade das persoas e as especie protexidas, así como para previr prexuízos importantes aos cultivos, o gando, os bosques, a propia caza, a pesca ou a calidade das augas e para protexer a flora e fauna silvestres e os hábitats naturais.

Nesta liña, a Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2023/24, establece no seu artigo 13, relativo ao control de danos, que co fin de reducir os danos que se poidan producir na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na circulación viaria, na flora e fauna silvestres, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán acordar medidas de control.

No marco desta problemática, téñense adoptado determinadas medidas de control de danos, co fin de minorar, na medida do posible, os efectos desta especie sobre os ecosistemas, as producións agrarias e o propio medio urbano.

Non obstante, a disposición adicional primeira do Decreto 284/2001, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, prevé que cando nunha comarca exista unha determinada especie cinexética en circunstancias tales que resulte especialmente perigosa para as persoas ou prexudicial para a agricultura, a gandaría, os montes ou a propia caza, a xefatura territorial competente en materia de caza, de oficio ou por instancia de parte, e logo das consultas e comprobacións que considere oportunas, poderá declarar a dita comarca de emerxencia cinexética temporal, e determinar as épocas e medidas conducentes a eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións da especie en cuestión.

Nos concellos pertencentes ás comarcas relacionadas no anexo I desta resolución, tense detectado o incremento nos últimos exercicios e de xeito exponencial das afeccións ocasionadas por esta especie, principalmente aos cultivos, concorrendo nalgúns casos, así mesmo, un aumento na accidentalidade do tráfico.

A situación actual nestas comarcas é pois indicativa da existencia dunhas circunstancias especiais, polo que se considera prioritario incidir na adopción de medidas que permitan axilizar os mecanismos instaurados para o control desta especie cinexética, conducentes a reducir as súas densidades e poboacións.

As actuacións para desenvolver nas áreas de emerxencia cinexética temporal dirixiranse ao control das poboacións de xabarís que se atopan en liberdade no medio natural, que constitúen un risco real para o ecosistema, a gandaría, a agricultura e as persoas, ademais de reducir o perigo de accidentes de tráfico e os posibles riscos sanitarios, e deberá establecerse a natureza e duración das medidas conducentes a reducir o número de exemplares considerados prexudiciais e os controis que se deben exercer.

Por conseguinte, dadas as especiais circunstancias que as poboacións de xabarís están a ocasionar, considérase necesaria a adopción de medidas especiais de control conducentes a reducir as súas densidades e poboacións nos concellos das comarcas de indicadas no anexo I desta resolución.

Tendo en conta o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 284/2001, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a emerxencia cinexética temporal nas comarcas sinaladas no anexo I desta resolución en que se inclúen os tecores e zonas libres indicados no anexo II, debido ás circunstancias especiais derivadas dos danos á agricultura, ao perigo de accidentes de tráfico e previsibles riscos ambientais ocasionados polo xabaril, coa finalidade de axilizar a aplicación de medidas conducentes ao control das poboacións desta especie, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.

Segundo. A vixencia desta declaración de emerxencia cinexética temporal estenderase desde a entrada en vigor da presente resolución ata o 25.2.2024, abranguendo o período hábil de caza establecido para o xabaril no artigo 16.2 da Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Terceiro. Durante a vixencia da declaración de emerxencia cinexética temporal, nas comarcas incluídas no anexo I poderanse adoptar as medidas que se relacionan a continuación para o control da poboación de xabaril, e permitirase abater ou capturar sen límite de exemplares, xabarís de ambos sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas en todas as súas idades. Nestas zonas permitirase, así mesmo, abater crías e femias seguidas de crías, logo de autorización especial da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

a) En terreos cinexéticos:

As modalidades de caza permitidas para esta especie poderán efectuarse durante todo os días da semana, salvo o especificado a continuación para as zonas libres de caza, con comunicación previa á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atendendo aos seguintes condicionantes:

• Nos terreos en réxime cinexético especial: as cazarías correspondentes a xornadas que non estean aprobadas no correspondente plan anual de aproveitamento da tempada 2023/24, deberán ser comunicadas previamente á correspondente xefatura territorial competente en materia de caza, (procedemento MT720C).

• Nas zonas libres de caza, as cazarías estarán suxeitas a autorización: deberán solicitarse á correspondente xefatura territorial competente en materia de caza cunha antelación mínima de dez días naturais, (procedementos MT720K e MT720L). No período que abrangue ata o 6 de xaneiro de 2024, poderanse autorizar cazarías ao xabaril os luns, martes, mércores, venres e sábados, sempre que non sexan festivos. Desde o 7 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2024, ambos incluídos, poderanse autorizar cacerías os luns, martes, mércores e venres, sempre que non sexan festivos.

Na modalidade de espera, poderán agruparse nunha soa comunicación varias xornadas, e deberá indicarse expresamente por motivos de seguridade a localización aproximada, mediante coordenadas UTM, dos diversos postos fixos que poidan ocuparse.

Así mesmo, en terreos de réxime cinexético especial poderanse autorizar os propietarios dos terreos afectados para realizar, persoalmente ou mediante terceiros, esperas, con autorización do titular do aproveitamento cinexético. Neste caso as persoas cazadoras deberán portar durante a acción de caza unha autorización por parte do titular cinexético, que será nominativa, persoal e intransferible para cada xornada, e deberán cumprir, así mesmo, e en todo caso, cos requisitos exixidos no artigo 58 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Co fin de aumentar a eficacia e optimizar o aproveitamento cinexético nesta modalidade, facilitar a identificación dos exemplares e garantir a seguridade das persoas, poderase utilizar con carácter excepcional:

– Un visor convencional/óptico de aumentos durante a práctica da modalidade de espera nocturna e fontes luminosas para a iluminación dos albos.

– Dispositivos electrónicos, tales como detectores ou controladores de hora de paso ou presenza, para a posterior realización de esperas nocturnas ao xabaril.

– Nos cultivos con destino á colleita en que se teñan iniciado os danos, poderase dispor de cebadoiros de gran ou froitos ao obxecto de asegurar a eficacia no momento concreto dos controis.

Nestes terreos permitirase, así mesmo, a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sendo necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Na solicitude deberá indicarse expresamente a súa localización mediante a achega dun plano a escala suficiente, e os datos do persoal responsable da súa execución (nome, apelidos e DNI).

b) En terreos non cinexéticos:

Nos terreos non cinexéticos para o emprego de modalidades e procedementos de captura será necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Permitirase a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Cando a aplicación de capturadeiros non reporte os resultados desexados, poderá permitirse a práctica da modalidade espera diúrna e nocturna, logo de solicitude do interesado, en que se indicará a localización aproximada dos postos fixos, mediante coordenadas UTM, por motivos de seguridade, adoptando as medidas ou precaucións necesarias para garantir a seguridade das persoas. Será preceptivo neste caso a acreditación da existencia dos danos mediante informe da xefatura territorial.

Nesta clase de terreos, as medidas ou medios de captura permitidos deberán solicitarse á xefatura territorial, con polo menos quince (15) días de antelación á data de realización. O prazo para resolver e notificar será dun mes, e o silencio administrativo será desestimatorio.

Cuarto. Os exemplares capturados como consecuencia da aplicación das medidas adoitadas na área de emerxencia cinexética temporal, deben identificarse mediante precintos e comunicarse debidamente á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no prazo de quince (15) días naturais, segundo o seguinte procedemento:

a) En terreos de réxime cinexético especial: a comunicación das capturas realizadas en xornadas non planificadas no plan anual de aproveitamento aprobado para a tempada 2023/24, realizarase utilizando o procedemento MT720P procedemento xenérico de caza, mentres que os resultados das cazarías planificadas no plan anual de aproveitamento se comunicarán utilizando o procedemento MT720D.

b) En terreos de réxime cinexético común e terreos non cinexéticos: a comunicación das capturas poderá realizarse utilizando o procedemento MT720P procedemento xenérico de caza, ou ben no caso de tratarse dun suxeito non obrigado a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, poderá presentar os resultados en papel no rexistro das xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Quinto. Na Reserva Nacional de Caza dos Ancares aplicarase o seu réxime especial de funcionamento.

Sexto. A presente resolución permanecerá vixente ata a finalización do período hábil de caza do xabaril para a tempada 2023/24. Con todo, poderá quedar suspendida no seu conxunto ou en parte do ámbito de aplicación incluído no punto primeiro, logo de resolución, no momento en que se constate que desapareceron as causas que motivaron a súa declaración.

Sétimo. A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de setembro de 2023

Jesús Montouto González
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Lista de comarcas de emerxencia cinexética e concellos comprendidos

Comarca de emerxencia cinexética

Concellos

Os Ancares

Baralla

Becerreá

Cervantes

Navia de Suarna

Nogais, As

Pedrafita do Cebreiro

Chantada

Carballedo

Chantada

Taboada

Lugo

Castroverde

Corgo, O

Friol

Guntín

Lugo

Outeiro de Rei

Portomarín

Rábade

A Mariña Central

Alfoz

Burela

Foz

Lourenzá

Mondoñedo

Valadouro, O

A Mariña Occidental

Cervo

Ourol

Vicedo, O

Viveiro

Xove

Sarria

Incio, O

Láncara

Paradela

Páramo, O

Samos

Sarria

Triacastela

Terra Chá

Abadín

Begonte

Castro de Rei

Cospeito

Guitiriz

Muras

Pastoriza, A

Vilalba

Xermade

Terra de Lemos

Bóveda

Monforte de Lemos

Pantón

Pobra do Brollón, A

Saviñao, O

Sober

A Mariña Oriental

Barreiros

Pontenova, A

Ribadeo

Trabada

ANEXO II

Datos de tecores e zonas libres comprendidos na declaración
de emerxencia cinexética

Matrícula

Nome

Réxime cinexético

Comarca de emerxencia

LU-10302

Romariz

Especial

Terra Chá

LU-10037

Sociedad de cazadores deportistas Terra Chá

Especial

LU-10073

Sabugueiras

Especial

LU-10172

A Canteirada

Especial

LU-10182

Labrada-Montouto

Especial

LU-10062

O Cordal

Especial

LU-10074

A Costa

Especial

LU-10136

Picoto-Pedroso

Especial

LU-10149

Da Saa

Especial

LU-10154

Donalbai

Especial

LU-10008

Terra Chá

Especial

LU-10057

Santaballa-Cal Grande

Especial

LU-10058

Cazás-Momán

Especial

LU-10059

Chao de Lousada

Especial

LU-10068

Xermade

Especial

Terra Chá e Eume

LU-10187

Labrada

Especial

Terra Chá

LU-10267

Alto da Mámoa

Especial

Terra Chá e Lugo

LU-10301

Penedo do Castelo

Especial

LU-10015

Guitiriz e parroquias

Especial

LU-10024

As Louseiras

Especial

LU-10069

Landro

Especial

Terra Chá e A Mariña Occidental

LU-10108

Balsego

Especial

Terra Chá

LU-10144

Muras

Especial

LU-10028

San Simón e Samarugo

Especial

LU-10036

Chaira

Especial

LU-10115

Oleiros-Rioaveso

Especial

LU-10131

Dos Lagos

Especial

LU-10202

Goiriz

Especial

LU-10259

As Picas

Especial

LU-10083

O Incio

Especial

Sarria

LU-10127

Pena Veitureira

Especial

LU-10230

Láncara

Especial

LU-10133

Lama Grande

Especial

Sarria e Lugo

LU-10141

A trapa

Especial

Sarria

LU-10150

Ribeira do Loio

Especial

LU-10066

Nosa Señora de Vilamaior

Especial

LU-10307

Parameses

Especial

LU-10140

O Caneiro

Especial

Sarria e Lugo

LU-10088

A Conexeira

Especial

Sarria

LU-10184

Val de Lóuzara

Especial

LU-10201

O Castro de Parada

Especial

LU-10254

Serra de Oribio

Especial

LU-10099

Sarria

Especial

LU-10243

Sarema

Especial

LU-10076

Triacastela

Especial

LU-10280

Sindrán

Especial

Terra de Lemos

LU-10077

Ribeira Sacra

Especial

LU-10007

Pombeiro e Atán

Especial

LU-10012

Os Castros

Especial

LU-10011

Pobra de Brollón

Especial

LU-10010

Saviñao

Especial

LU-10082

Sober

Especial

LU-10134

Sober II

Especial

LU-10239

Santa Eulalia de Quintá

Especial

Os Ancares

LU-10016

San Xoán de Becerreá

Especial

LU-10126

Cervantes

Especial

LU-10226

Brañas

Especial

LU-10273

Urogallo

Especial

LU-10006

O Noso

Especial

LU-10055

Navia de Suarna

Especial

LU-10004

Pena do Mouro

Especial

LU-10087

As Nogais

Especial

LU-10061

Pedrafita do Cebreiro

Especial

LU-10303

Neira de Rei

Especial

LU-10022

Neira de Jusá

Especial

LU-10019

Río Chamoso

Especial

Lugo

LU-10295

Amorín

Especial

LU-10023

O Corgo

Especial

LU-10119

Chamoso

Especial

LU-10151

Beira Miño

Especial

LU-10212

San Martín de Cotá

Especial

LU-10298

Cova da Serpe II

Especial

LU-10304

O Arneiro

Especial

LU-10310

O Oroso

Especial

LU-10003

Santa María Alta

Especial

LU-10135

Cova da Serpe

Especial

LU-10216

Soñar

Especial

LU-10026

O Picato

Especial

LU-10039

Río Grande

Especial

LU-10109

O Paraño

Especial

LU-10160

Sampaio-Marzán-Lousadela

Especial

LU-10183

San Mamed y Castelo

Especial

LU-10198

Riveira do Miño

Especial

LU-10214

Adai-Pías-Bocamaos

Especial

LU-10236

Carballido-Bóveda

Especial

LU-10244

Besa

Especial

LU-10063

Rozas

Especial

Lugo e Terra Chá

LU-10106

Santa Isabel

Especial

Lugo

LU-10232

Vicinte e Santa Comba

Especial

LU-10067

Outeiro de Rei

Especial

LU-10071

A Perdigueira

Especial

LU-10101

San Nicolás

Especial

LU-10157

A Devesa

Especial

Lugo e Chantada

LU-10235

Río Miño

Especial

Lugo

LU-10027

O Azor

Especial

A Mariña Occidental e A Mariña Central

LU-10065

O Sor

Especial

A Mariña Occidental

LU-10169

Alcotán

Especial

LU-10275

A Carballa

Especial

LU-10052

Os Dous Santos

Especial

LU-10147

Águila de Rodeiro

Especial

LU-10155

San Caetano de Candaoso

Especial

LU-10299

O Pereiro

Especial

A Mariña Central

LU-10056

A Frouxeira

Especial

LU-10196

O Val de Lourenzá

Especial

LU-10309

A Toxiza

Especial

LU-10107

O Polémico

Especial

LU-10218

O Cadramón

Especial

LU-10113

O Valadouro

Especial

A Mariña Central e A Mariña Occidental

LU-10261

Carballedo

Especial

Chantada

LU-10030

Castro-Carballedo

Especial

LU-10047

Coto do Faro

Especial

LU-10053

Alledo

Especial

LU-10256

Santa Bárbara

Especial

LU-10270

Nogueira

Especial

LU-10308

Santa María de Xián

Especial

LU-10044

Caxigueiras

Especial

LU-10152

Vilameñe

Especial

LU-10222

San Bartolo

Especial

A Mariña Oriental

LU-10179

Suso de Moreno

Especial

LU-10180

O Faisán

Especial

LU-10158

San Fernando

Especial

LU-10098

Riotorto

Especial

LU-10103

A Pontenova

Especial

Zonas libres de caza

Código identificador

Concellos

Réxime cinexético

Comarca de emerxencia

LU-01

Valadouro, O

Común

A Mariña Central

LU-08

Vilalba

Común

Terra Chá

LU-05

Láncara e Sarria

Común

Sarria

LU-10

Sarria

Común

LU-06

Monforte de Lemos

Común

Terra de Lemos

LU-07

Pantón

Común

LU-04

Navia de Suarna

Común

Os Ancares

LU-03

Lugo e O Corgo

Común

Lugo