DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 52828

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nas comarcas de Arzúa, Barbanza, Bergantiños, Betanzos, A Coruña, Eume, Ferrol, Noia, Ordes, Ortegal, Santiago e O Sar.

As afeccións ocasionadas polas poboacións de xabaril veñen experimentando nos últimos anos un incremento no conxunto do territorio de Galicia que obedece, en gran medida, aos cambios de uso no medio e ás características ecolóxicas da especie.

Tense constatado que a especie provoca múltiples danos na agricultura e accidentes de tráfico, e constitúe un problema adicional a presenza cada vez máis habitual de xabarís nas zonas periurbanas.

Así mesmo, unha elevada poboación de xabarís favorecería o risco de dispersión de certas enfermidades, como a peste porcina africana, dificultando a súa erradicación nun momento dado, de ser necesaria.

Tanto a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, como a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, establecen as excepcións relativas ás prohibicións establecidas nesta normativa para garantir a conservación de especies autóctonas silvestres, considerando que a Comunidade Autónoma poderá autorizar a captura e/ou morte de especies silvestres en caso de efectos prexudiciais para a saúde e seguridade das persoas e para previr prexuízos importantes aos cultivos, o gando, os bosques, a pesca e a calidade das augas, e para protexer a flora e a fauna silvestres e os hábitats naturais, entre outros supostos, de non existir outra solución satisfactoria e sen que isto supoña causar un prexuízo ao mantemento nun estado de conservación favorable das especies ou as poboacións de que se trate, na súa área de distribución natural.

Por outra banda, o artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, establece que poderán quedar sen efecto as prohibicións previstas no seu capítulo III, Protección das pezas de caza e autorizacións especiais, despois da autorización da dirección xeral competente en materia de caza, cando da súa aplicación deriven efectos prexudiciais para a saúde, a seguridade das persoas e as especie protexidas, así como para previr prexuízos importantes aos cultivos, ao gando, aos bosques, á propia caza, á pesca ou á calidade das augas e para protexer a flora e fauna silvestres e os hábitats naturais.

Nesta liña, a Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2023/24 establece, no seu artigo 13, relativo ao control de danos, que co fin de reducir os danos que se poidan producir na agricultura, na gandaría, na silvicultura, na circulación viaria, na flora e fauna silvestres, as persoas titulares das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán acordar medidas de control.

No marco desta problemática, téñense adoptado determinadas medidas de control danos, co fin de minorar na medida do posible os efectos desta especie sobre os ecosistemas, as producións agrarias e o propio medio urbano.

Non obstante, a disposición adicional primeira do Decreto 284/2001, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia, prevé que cando nunha comarca exista unha determinada especie cinexética en circunstancias tales que resulte especialmente perigosa para as persoas ou prexudicial para a agricultura, a gandaría, os montes ou a propia caza, a xefatura territorial competente en materia de caza, de oficio ou por instancia de parte, e previas as consultas e comprobacións que estime oportunas, poderá declarar a dita comarca de emerxencia cinexética temporal, e determinar as épocas e medidas conducentes a eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións da especie en cuestión.

Nos concellos pertencentes ás comarcas relacionadas no anexo I desta resolución tense detectado o incremento nos últimos exercicios e de xeito exponencial das afeccións ocasionadas por esta especie, principalmente aos cultivos, concorrendo nalgúns casos, así mesmo, un aumento na accidentalidade do tráfico.

A situación actual nestas comarcas é, pois, indicativa da existencia dunhas circunstancias especiais, polo que se considera prioritario incidir na adopción de medidas que permitan axilizar os mecanismos instaurados para o control desta especie cinexética, conducentes a reducir as súas densidades e poboacións.

As actuacións a desenvolver nas áreas de emerxencia cinexética temporal dirixiranse ao control das poboacións de xabarís que se atopan en liberdade no medio natural, que constitúen un risco real para o ecosistema, a gandaría, a agricultura e ás persoas, ademais de reducir o perigo de accidentes de tráfico e os posibles riscos sanitarios, debendo establecerse a natureza e duración das medidas conducentes a reducir o número de exemplares considerados prexudiciais e os controis que se deben exercer.

Por conseguinte, dadas as especiais circunstancias que as poboacións de xabarís están a ocasionar, considérase necesaria a adopción de medidas especiais de control conducentes a reducir as súas densidades e poboacións nos concellos das comarcas de indicadas no anexo I desta resolución.

Tendo en conta o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 284/2001, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a emerxencia cinexética temporal nas comarcas sinaladas no anexo I desta resolución en que se inclúen os tecores e zonas libres indicados no anexo II, debido ás circunstancias especiais derivadas dos danos á agricultura, ao perigo de accidentes de tráfico e previsibles riscos ambientais ocasionados polo xabaril, coa finalidade de axilizar a aplicación de medidas conducentes ao control das poboacións desta especie, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.

Segundo. A vixencia desta declaración de emerxencia cinexética temporal estenderase desde a entrada en vigor da presente resolución ata o 25.2.2024, abranguendo o período hábil de caza establecido para o xabaril no artigo 16.2 da Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Terceiro. Durante a vixencia da declaración de emerxencia cinexética temporal, nas comarcas incluídas no anexo I poderanse adoptar as medidas que se relacionan a continuación para o control da poboación de xabaril, permitíndose abater ou capturar sen límite de exemplares, xabarís de ambos os sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas en todas as súas idades. Nestas zonas permitirase, así mesmo, abater crías e femias seguidas de crías, logo de autorización especial da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 13/2013, do 23 de decembro.

a) En terreos cinexéticos:

As modalidades de caza permitidas para esta especie poderán practicarse durante todos os días da semana, salvo o especificado a continuación para as zonas libres de caza, con comunicación previa á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atendendo aos seguintes condicionantes:

• Nos terreos en réxime cinexético especial: as cazarías correspondentes a xornadas que non estean aprobadas no correspondente Plan anual de aproveitamento da tempada 2023/24 deberán ser comunicadas previamente á correspondente xefatura territorial competente en materia de caza (procedemento MT720C).

• Nas zonas libres de caza as cazarías estarán suxeitas a autorización: deberán solicitarse á correspondente xefatura territorial competente en materia de caza cunha antelación mínima de dez días naturais (procedementos MT720K e MT720L). No período que abrangue ata o 6 de xaneiro de 2024, poderanse autorizar cazarías ao xabaril os luns, martes, mércores, venres e sábados, sempre que non sexan festivos. Desde o 7 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2024, ambos incluídos, poderanse autorizar cazarías os luns, martes, mércores e venres, sempre que non sexan festivos.

Na modalidade de espera, poderán agruparse nunha soa comunicación varias xornadas, debendo indicarse expresamente por motivos de seguridade a localización aproximada, mediante coordenadas UTM, dos diversos postos fixos que poidan ocuparse.

Así mesmo, en terreos de réxime cinexético especial poderase autorizar aos propietarios dos terreos afectados a realizar, persoalmente ou mediante terceiros, esperas, con autorización do titular do aproveitamento cinexético. Neste caso, as persoas cazadoras deberán portar durante a acción de caza unha autorización por parte do titular cinexético, que será nominativa, persoal e intransferible para cada xornada, e deberán cumprir, así mesmo e en todo caso, cos requisitos exixidos no artigo 58 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Co fin de aumentar a eficacia e optimizar o aproveitamento cinexético nesta modalidade, facilitar a identificación dos exemplares e garantir a seguridade das persoas, poderase utilizar con carácter excepcional:

– Un visor convencional/óptico de aumentos durante a práctica da modalidade de espera nocturna e fontes luminosas para a iluminación dos albos.

– Dispositivos electrónicos, tales como detectores ou controladores de hora de paso ou presenza, para a posterior realización de esperas nocturnas ao xabaril.

– Nos cultivos con destino á colleita en que se teñan iniciado os danos, poderase dispor de cebadoiros de gran ou froitos co obxecto de asegurar a eficacia no momento concreto dos controis.

Nestes terreos permitirase, así mesmo, a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, para o que será necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Na solicitude deberá indicarse expresamente a súa localización mediante a achega dun plano a escala suficiente, e os datos do persoal responsable da súa execución (nome, apelidos e DNI).

b) En terreos non cinexéticos:

Nos terreos non cinexéticos para o emprego de modalidades e procedementos de captura será necesario dispoñer dunha autorización expresa.

Permitirase a captura en vivo de exemplares de xabaril, mediante o emprego de capturadeiros, con posterior sacrificio de todos os exemplares capturados, de acordo co procedemento que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Cando a aplicación de capturadeiros non reporte os resultados desexados, poderá permitirse a práctica da modalidade de espera diúrna e nocturna, logo de solicitude do interesado, na que se indicará a localización aproximada dos postos fixos, mediante coordenadas UTM por motivos de seguridade, adoptando as medidas ou precaucións necesarias para garantir a seguridade das persoas. Será preceptivo neste caso a acreditación da existencia dos danos mediante informe da xefatura territorial.

Nesta clase de terreos, as medidas ou medios de captura permitidos deberán solicitarse á xefatura territorial, con polo menos 15 días de antelación á data de celebración. O prazo para resolver e notificar será dun mes, e o silencio administrativo será desestimatorio.

Cuarto. Os exemplares capturados como consecuencia da aplicación das medidas adoptadas na área de emerxencia cinexética temporal deben identificarse mediante precintos e comunicarse debidamente á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no prazo de 15 días naturais, segundo o seguinte procedemento:

a) En terreos de réxime cinexético especial: a comunicación das capturas realizadas en xornadas non planificadas no Plan anual de aproveitamento aprobado para a tempada 2023/24, realizarase utilizando o procedemento MT720P «procedemento xenérico de caza», mentres que os resultados das cazarías planificadas no plan anual de aproveitamento se comunicarán utilizando o procedemento MT720D.

b) En terreos de réxime cinexético común e terreos non cinexéticos: a comunicación das capturas poderá realizarse utilizando o procedemento MT720P «procedemento xenérico de caza», ou ben no caso de tratarse dun suxeito non obrigado a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, poderá presentar os resultados en papel no Rexistro da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Quinto. A presente resolución permanecerá vixente ata a finalización do período hábil de caza do xabaril para a tempada 2023/24. Con todo, poderá quedar suspendida no seu conxunto ou en parte do ámbito de aplicación incluído no punto primeiro, logo de resolución, no momento en que se constate que desapareceron as causas que motivaron a súa declaración.

Sexto. A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de setembro de 2023

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Listaxe de comarcas de emerxencia cinexética e concellos comprendidos

Comarca de emerxencia cinexética

Concellos

Arzúa

Arzúa

Boimorto

Pino, O

Touro

Betanzos

Aranga

Betanzos

Coirós

Curtis

Irixoa

Miño

Oza-Cesuras

Paderne

Vilarmaior

Vilasantar

A Coruña

Abegondo

Arteixo

Bergondo

Cambre

Carral

Coruña, A

Culleredo

Oleiros

Sada

Eume

Cabanas

Capela, A

Monfero

Pontedeume

Pontes de García Rodríguez, As

Ferrol

Ares

Cedeira

Fene

Ferrol

Moeche

Mugardos

Narón

Neda

San Sadurniño

Somozas, As

Valdoviño

Ortegal

Cariño

Cerdido

Mañón

Ortigueira

Santiago

Ames

Boqueixón

Brión

Santiago de Compostela

Teo

Val do Dubra

Vedra

Barbanza

Boiro

Pobra do Caramiñal, A

Rianxo

Ribeira

Bergantiños

Cabana de Bergantiños

Carballo

Coristanco

Laracha, A

Laxe

Malpica de Bergantiños

Ponteceso

Noia

Lousame

Noia

Outes

Porto do Son

Ordes

Cerceda

Frades

Mesía

Ordes

Oroso

Tordoia

Trazo

O Sar

Dodro

Padrón

Rois

ANEXO II

Datos de tecores e zonas libres comprendidos
na declaración de emerxencia cinexética

Matrícula

Nome

Réxime cinexético

Comarca de emerxencia

C-10110

Cabanas

Especial

Eume

C-10215

A Capela

Especial

C-10049

Nosa Señora da Cela

Especial

C-10213

Xestoso

Especial

C-10015

Vilarmaior-Fradiz

Especial

C-10165

Xabarín

Especial

C-10211

A Galgueira

Especial

C-10036

Fraga Redonda

Especial

C-10113

As Pontes

Especial

C-10121

Veiga da Nata

Especial

C-10139

Bermui-Ribadeume

Especial

C-10048

San Paio

Especial

Betanzos

C-10064

Nosa Señora do Pilar

Especial

C-10210

San Pedro de Cambás

Especial

C-10212

Os Ben Levados

Especial

C-10038

As Mariñas

Especial

Betanzos e A Coruña

C-10090

Pedrapartida

Especial

Betanzos

C-10122

San Antonio

Especial

C-10023

A Monteiría

Especial

C-10025

San Martín

Especial

C-10082

Irixoa

Especial

C-10108

Miño

Especial

C-10055

Paderne

Especial

C-10059

Vilariño

Especial

C-10091

O Sanatorio

Especial

Betanzos e A Coruña

C-10118

Piñoy

Especial

Betanzos

C-10132

San Pedro de Oza

Especial

C-10133

Eixil

Especial

Ortegal e Ferrol

C-10007

Grañas-Mañón

Especial

Ortegal

C-10112

Ortegal

Especial

C-10141

Fene

Especial

Ferrol

C-10065

Urogallo

Especial

C-10131

Xubia

Especial

C-10126

San Huberto de Moeche

Especial

C-10100

Narahío

Especial

C-10209

San Sadurniño

Especial

C-20002

As Somozas

Especial

C-10196

Valdoviño

Especial

C-10039

Río Iso

Especial

Arzúa

C-10041

A Mota

Especial

C-10150

Maroxo

Especial

C-10005

Do Barro

Especial

C-10085

Rebellón

Especial

C-10149

A Magdalena

Especial

C-10111

Touro

Especial

C-10177

San Marcos

Especial

A Coruña

C-10120

Río Samo

Especial

C-10044

Arteixo

Especial

C-10053

Cambre

Especial

C-10188

Carral

Especial

C-10127

San Fernando-Vicente

Especial

C-10182

Mantiñán-Soandres

Especial

C-10073

San Miguel

Especial

C-10078

Os Ludeiros

Especial

C-10056

As Gabeiras

Especial

C-10070

Azor

Especial

Santiago

C-10086

Monte-Cibreiro

Especial

Santiago e Arzúa

C-10164

Altamira

Especial

Santiago

C-10200

O Castelo

Especial

C-10061

Teo

Especial

C-10140

Val do Dubra

Especial

C-10145

Ribeiras do Tambre

Especial

C-10147

Trazo

Especial

C-10099

Rosalía de Castro

Especial

C-10198

Castromaior-A Gracia

Especial

C-10199

Paraveche

Especial

C-10080

Castelo de Vitres-Folgoso

Especial

Barbanza

C-10084

Rianxo

Especial

C-10063

Barbanza de Ribeira

Especial

C-10191

Monte Castelo

Especial

Bergantiños e Ordes

C-10171

Nordés

Especial

Bergantiños

C-10207

A Caniza

Especial

C-10206

Santa María

Especial

C-10040

San Salvador

Especial

C-10195

Coristanco

Especial

C-10194

Alcaián

Especial

C-10205

Bergantiños Norte

Especial

C-10190

O Petón de Cabovilaño

Especial

C-10175

San Pedro de Soandres

Especial

C-10182

Mantiñán-Soandres

Especial

C-10035

Montemaior

Especial

C-10180

Laxe

Especial

C-10170

San Miro

Especial

C-10204

Bergantiños Sur

Especial

C-10176

Pondal

Especial

C-10077

Nimo-Colou

Especial

Noia

C-10093

Os Labercos

Especial

C-10102

Porto do Son

Especial

C-10152

Cerceda

Especial

Ordes

C-10214

San Martín de Rodís

Especial

C-10115

Frades

Especial

C-10109

Mesía

Especial

C-10153

Santa Columba de Xesteda

Especial

C-10057

Leira

Especial

C-10201

San Pedro de Ardemil

Especial

C-10120

Río Samo

Especial

C-10145

Ribeiras do Tambre

Especial

C-10081

Viladabad

Especial

C-10060

Santaia de Gorgullos

Especial

C-10016

Ordes

Especial

C-10159

Benmorre

Especial

C-10147

Trazo

Especial

C-10088

San Xulián

Especial

C-10096

Dodro

Especial

O Sar

C-10157

Padrón

Especial

C-10208

Rois

Especial

Zonas libres de caza

Código identificador

Concellos

Réxime cinexético

Comarca de emerxencia

C-04

As Pontes de García Rodríguez

Común

Eume

C-05

As Pontes de García Rodríguez e As Somozas

Común

Eume e Ferrol

C-08

Miño

Común

Betanzos

C-11

Betanzos e Oza-Cesuras

Común

C-16

Oza-Cesuras

Común

C-17

Curtis e Sobrado dos Monxes

Común

C-01

Mañón

Común

Ortegal

C-02

Valdoviño

Común

Ferrol

C-03

Neda e San Sadurniño

Común

C-06

Ares

Común

Código identificador

Concellos

Réxime cinexético

Comarca de emerxencia

C-07

Sada e Bergondo

Común

A Coruña

C-27

Oleiros

Común

C-29

Carral

Común

C-28

Santiago de Compostela

Común

Santiago

C-25

Boiro

Común

Barbanza

C-26

Rianxo

Común

C-14

Carballo

Común

Bergantiños

C-15

Carballo

Común

C-12

Laracha, A

Común

C-13

Laracha, A

Común

C-23

Lousame e Noia

Común

Noia

C-22

Outes

Común

C-24

Padrón

Común

O Sar