DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 52826

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo do 11 de agosto de 2023 da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 12/2023,
do 24 de maio, polo dereito á vivenda

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 3, 8.c), 11.2, 15.1.d), 16, 18.2, 18.3, 18.4, 19, 27, 28, 29, disposición adicional terceira, disposición transitoria primeira, disposición transitoria segunda, disposición transitoria terceira, disposición derradeira cuarta, disposición derradeira quinta e disposición derradeira sétima da Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Isabel Rodríguez García

Ministra de Política Territorial

Diego Calvo Pouso

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes