DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53331

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Mediante as resolucións do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG número 3, do 4 de xaneiro), convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Mediante a Resolución do 16 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 30 de xuño) declaráronse, con carácter provisional provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta das resolucións de convocatoria, e de conformidade co disposto na citada base, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, nas quendas de acceso libre, promoción interna, discapacidade xeral e discapacidade intelectual.

Segundo. A lista coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os/as declarados/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 6.3 das resolucións do 15 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), de convocatoria dos procesos selectivos, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos