DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53333

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 7 de setembro de 2023 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesorado permanente laboral.

Unha vez publicada a oferta de emprego público de 2023, mediante a Resolución do 3 de maio de 2023 (DOG do 21 de maio), de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario; na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 7 de setembro de 2023 se convoca un concurso para a provisión da seguinte praza de profesorado permanente laboral:

– Oferta de emprego público do ano 2023: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web https://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de setembro de 2023

O reitor
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente