DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53316

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) pola que se procede á rectificación de erros aritméticos nas puntuacións do primeiro exercicio, publicadas pola Resolución do 1 de agosto de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 18 de agosto).

Na sesión que tivo lugar o día 11 de setembro de 2023, o tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril), advertiu erros aritméticos no cálculo das puntuacións definitivas publicadas por este tribunal o 1 de agosto de 2023 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), polo que

ACORDOU:

Primeiro. Rectificar os erros aritméticos producidos no cálculo das puntuacións definitivas e publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal) as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

As puntuacións rectificadas conforme o presente acordo non afectan a relación de persoas aprobadas nin a orde destas.

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións rectificadas, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade coa base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Roberto Álvarez Fraguas
Presidente do tribunal