DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53322

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 21 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio.

Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

José Manuel González González
Presidente do tribunal