En sesión que tivo lugar o 12 de setembro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de estabilización, terá lugar o día 21 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo.
Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio.
Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023
José Manuel González González
Presidente do tribunal