DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53652

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social.

En sesión que tivo lugar o 18 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2023 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social (DOG núm. 141, do 24.7.2023),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para realizar o primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social, de acordo co establecido nas bases das convocatorias publicadas pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245 do 27.12.2022), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23.2.2023) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 23, do 7.2.2023).

Segundo. De conformidade co disposto nas bases das convocatorias, este exercicio terá lugar no pavillón 1 do Recinto Feiral de Silleda o día 30 de setembro de 2023 en chamamento único, que se iniciará ás 9.00 horas.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento que acredite de forma fidedigna a súa identidade, a xuízo do tribunal, de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal