DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53654

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia.

En sesión que tivo lugar o 18 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2023, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de cociña, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 140, do 24.7.2023),

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 30 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

As persoas aspirantes deberanse presentar provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao pavillón en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal