DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53569

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2022/23 (código de procedemento ED322A).

Mediante a Orde do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2022/23, aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 11 desta convocatoria, as solicitudes foron revisadas pola comisión avaliadora nomeada na antedita orde, que acordou a exposición da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, e as persoas interesadas poderán formular, no prazo de dez días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional.

Finalizado este prazo e de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola antedita comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Formación Profesional

RESOLVO:

Primeiro. Conceder axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia, que se relaciona no anexo I desta resolución e pola contía que se especifica. Así mesmo, inclúese a listaxe de solicitudes excluídas por non reuniren os requisitos establecidos na orde de convocatoria.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Segundo. O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde do 10 de marzo de 2023 (DOG do 20 de marzo) constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Proposta de concesión

Apelidos

Nome

Centro educativo

Contía

Arufe García

Jorge

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

660 €

Borges Carreras

Iciar

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.485 €

Canosa González

Jéssica

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

1.125 €

Cea Núñez

Ruth

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

660 €

Costas Galocha

Pedro

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

780 €

Díaz Ogorodnikova

Lara

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.125 €

Domínguez González

María

Conservatorio Superior de Música da Coruña

625 €

Domínguez Soutullo

José Manuel

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Fernández Álvarez

Judith

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

250 €

Fernández González

Esther

Conservatorio Superior de Música da Coruña

660 €

Fernández Mallo

Susana

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

825 €

García Blasco

María

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.485 €

García González

José

Conservatorio Superior de Música de Vigo

825 €

García Santamaría

Sara

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

780 €

González Barral

Yara

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

990 €

González González

César

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

González Mayo

Alicia

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.320 €

Gorjanc

Ana

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.800 €

Iftinie Huides

María Fabiola

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

Lago Barros

Alba

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

1.125 €

Lago Bernárdez

María

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

825 €

Larrauri Suárez

Ana Aaruni

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

660 €

López Franco

Álvaro

Conservatorio Superior de Música de Vigo

975 €

López López

Andrea

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

990 €

Martínez Martínez

Antón

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Medina Álvarez

Edely Lessly

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

500 €

Padín Oubiña

Anxo

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

825 €

Paniagua González

Óscar

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.485 €

Pereira Dopazo

Génesis

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

660 €

Pereira Marques da Silva

Ana Beatriz

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.485 €

Pérez Escourido

Lucía

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

Portas Escaneo

Antía

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

500 €

Quijano Jordan

Alejandra

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

625 €

Quinteiro Rodríguez

Paula

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

Ramos Alonso

María

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

660 €

Raña Barreiro

Lara

Conservatorio Superior de Música de Vigo

825 €

Requejo Jorge

Laura

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

825 €

Rey Carballo

Dana

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.485 €

Rodríguez Peña

Diego

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

660 €

Seijas Acosta

Carmen

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.485 €

Suárez Gallego

Pepa Sofía

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

780 €

Val Barreiro

Mario

Conservatorio Superior de Música de Vigo

825 €

Vaquero Quinteiro

Laura

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Vázquez Fernández

Marta

Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde

500 €

Villalustre Enríquez

Carmen

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

625 €

Total

40.000 €

Solicitudes excluídas

Con base no establecido no artigo 3.1.b) da Orde do 10 de marzo de 2023:

– Barrantes Franco, Sergio Camilo.