DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53567

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

Primeiro. A Orde do 15 de maio de 2023 (DOG núm. 101, do 30 de maio) establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

Segundo. O artigo 1 da orde de convocatoria establece que o procedemento de concesión das subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento de resolución da concesión.

Pola súa parte, o artigo 4 da citada orde de convocatoria dispón que as solicitudes se resolverán atendendo á súa prelación temporal e ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade. Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data que hai que ter en conta será a data e a hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.

Terceiro. O artigo 1 da orde de convocatoria dispón que as subvencións convocadas ao abeiro da citada orde se financiarán cos seguintes créditos:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

05.04.751A.770.7

3.300.000

Artigo 3.1.1.1 do anexo I

05.04.751A.781.2

500.000

Artigo 3.1.1.2 do anexo I

Cuarto. Con data do 23 de agosto de 2023 foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 159 a Orde do 16 de agosto de 2023 pola que se ampliaba o crédito na aplicación orzamentaria 05.04.751A.770.7 para atender un maior número de solicitudes.

Quinto. Unha vez revisadas e ordenadas todas as solicitudes presentadas, a derradeira solicitude que se puido conceder ás entidades beneficiarias establecidas no artigo 3.1.1.1 do anexo I da orde de convocatoria foi a CO300G-2023-2-373, que presentou toda a documentación e información requirida na sede electrónica o día 3 de xullo de 2023, ás 12.58 horas.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, por delegación da conselleira de Economía, Industria e Innovación (Orde do 9 de febreiro de 2023; DOG núm. 34, do 17 de febreiro),

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.770.7, con data do 3 de xullo de 2023, ás 12.58 horas, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 (DOG núm. 101, do 30 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo