DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público do Concello de Cee para o ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 166, do 31 de agosto de 2023, publicouse o anuncio de aprobación da oferta de emprego público deste concello para o ano 2023 (derivada da taxa especifica para a estabilización de emprego temporal, artigo 20.dous.4 da Lei 31/2022), que contén os seguintes postos de traballo:

– Persoal funcionario:

Funcionarios de carreira:

Escala de Administración especial/técnica:

Grupo A; subgrupo A1; nº de vacantes: 1; denominación: arquitecto; sistema de acceso: concurso-oposición.

Grupo A; subgrupo A2; nº de vacantes: 1; denominación: arquitecto técnico; sistema de acceso: concurso-oposición.

– Persoal laboral:

Categoría laboral: L IV; vacantes: 1; denominación: oficial de 1ª de mantemento de polideportivos; sistema de acceso: oposición.

O que se fai público para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.

Cee, 31 de agosto de 2023

Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa