DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira de peón de recollida de lixo.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 850/2023, do 17 de agosto, rectificada pola Resolución da Alcaldía 887/2023, do 24 de agosto, nomeouse a Iván Pena Insua, con DNI ***0950**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de peón de recollida de lixo, pertencente ao grupo A.P. (agrupación profesional), escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na oferta de emprego público do ano 2019.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Fene, 25 de agosto de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde