DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53855

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de auxiliar de axuda no fogar (concurso-oposición).

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2022-0379, do 26 de decembro, aprobáronse as bases para a provisión de dúas prazas como persoal laboral fixo, auxiliar axuda no fogar, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como na sede electrónica do concello (https://ribeiradepiquin.sedelectronica.gal).

Ribeira de Piquín, 31 de agosto de 2023

Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente