DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 53888

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 13 de setembro de 2023 pola que se modifica a autorización do centro privado Aula Nosa, da Coruña.

A representación da titularidade do centro privado Aula Nosa, da Coruña, solicita autorización para impartir a educación secundaria para persoas adultas, na modalidade a distancia semipresencial, en quenda de tarde-noite.

A Orde do 20 de marzo de 2018 (DOG do 12 de abril) regula a educación básica para as persoas adultas e establece o seu currículo, e no seu artigo 12 desenvolve a modalidade a distancia semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a educación secundaria para persoas adultas, na modalidade a distancia semipresencial, en quenda de tarde-noite, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Aula Nosa.

Código do centro: 15032431.

Domicilio: rúa Mosteiro de Caaveiro, 1, baixo.

Localidade: 15010 A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Centro de Ensino Vagalume, S.L.

Composición resultante:

a) Ciclos de Formación Profesional Básica:

– Informática de oficina (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Servizos administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao medio (CM) e de grao superior (CS):

– CM Sistemas microinformáticos e redes ( 2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

c) Educación básica para persoas adultas:

– Ensinanzas básicas iniciais.

– Educación secundaria para persoas adultas, modalidade presencial e a distancia semipresencial, en quenda de tarde-noite.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros de la Comunidad Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orden entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades