DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 53981

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2023.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 27 de xullo de 2023, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2023: axudas para a atención a persoas con discapacidade. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta