DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 53982

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 7 de setembro de 2023, do tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio) pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 7 de setembro de 2023, o tribunal que cualifica o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Finalizado o prazo disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, e logo de examinar as alegacións presentadas polos aspirantes sobre as listaxes de puntuacións provisionais publicadas no Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 18 de agosto de 2023, este tribunal acordou a desestimación das interpostas por vinte e seis persoas aspirantes, mentres que estimou aqueloutras presentadas por cinco persoas aspirantes, as cales ven incrementada a súa puntuación.

Segundo. A estimación das alegacións referidas no parágrafo anterior non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Terceiro. Publicar no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal