DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54288

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras da oferta ordinaria de emprego público do ano 2022.

No BOP de Ourense do día 5 de maio de 2023 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2022.

As prazas que se convocan son as seguintes:

A) Funcionarios/as de carreira:

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

• Tres prazas (3) de administrativos/as da Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Título de bacharelato, técnico/a ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.

• Unha praza (1) de subalterno/a da Administración xeral, subgrupo AP, escala de Administración xeral, subescala subalterna. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Oposición libre.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de promoción interna vertical:

• Dúas prazas (2) de administrativos/as da Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Título de bacharelato, técnico/a ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición libre.

B) Cadro de persoal laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

Prazas de acceso libre:

• Tres prazas (3) de choferes especialistas, subgrupo C2. Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Permiso de conducir C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.

• Dúas prazas (2) de axudantes/as de obras e servizos, subgrupo C2. Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.

• Unha praza (1) de maquinista de sala teatral, do Teatro Principal, subgrupo C2. Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.

• Catro prazas (4) de legoeiros/as, subgrupo AP. Sen requisito de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.

Prazas de promoción interna vertical:

• Unha praza (1) de albanel, subgrupo C2. Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de Rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo, xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, e achegarase coa solicitude o xustificante correspondente: para as prazas do grupo C1: 15 euros; para as prazas do grupo C2: 13 euros; para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación: 10 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co que dispón o artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 12 de setembro de 2023

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense