DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54291

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 4 de setembro de 2023 polo que se dá publicidade da exposición da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Anúnciase a publicación da Resolución do 4 de setembro de 2023, do director da Fundación Galicia Europa, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso en diversas categorías profesionais, xunto coa lista de persoas aspirantes que teñen acreditado estar en posesión do certificado de lingua galega requirido.

A resolución pode consultarse no portal web corporativo da Fundación Galicia Europa, no enderezo:

https://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2023

Jesús Mª Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa