DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 28 de setembro de 2023 Páx. 54902

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas e se nomea o tribunal cualificador dos procesos selectivos, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo nas categorías de facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área en diversas especialidades e pediatra de atención primaria.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 4 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm 92, do 15 de maio), convocouse o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

Mediante as resolucións do 11 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio), convocáronse os procesos selectivos, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo nas categorías de facultativo/a especialista de área e pediatra de atención primaria.

As resolucións do 5 e 6 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 134, do 14 de xullo) declararon con carácter provisional as persoas aspirantes admitidas e excluídas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso, nas categorías de facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área en diversas especialidades e pediatra de atención primaria.

A base sexta das indicadas resolucións de convocatoria establece un prazo de emenda para as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada, así como para poder corrixir o defecto que motivou a súa exclusión.

Na base sétima das ditas resolucións disponse que o tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante e que se publicará para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Logo de finalizado o prazo de emenda previsto na base sexta, e de conformidade coas bases sexta e sétima das resolucións de convocatoria, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as nos procesos selectivos, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 4 de maio de 2023, e nas categorías de facultativo/a especialista de área e pediatra de atención primaria, convocados mediante as resolucións do 11 de maio de 2023.

Segundo. As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluído/as, con indicación do motivo de exclusión, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear, con efectos da data desta resolución, os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán os procesos selectivos, polo sistema de concurso, para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo especialista de área en diversas especialidades e pediatra de atención primaria (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, segundo convocatorias), convocados mediante as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 e 11 de maio de 2023.

En aplicación da habilitación contida no artigo 4.1 do Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023 (DOG núm.75, do 19 de abril), noméase un único tribunal para o subgrupo de clasificación A1 que se relaciona no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, que sexan de aplicación atendendo ás particularidades do proceso, á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área
en diversas especialidades e pediatra de atención primaria

Presidenta titular

María Sinda Blanco Lobeiras

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria

Secretario titular

Francisco Javier Patiño Patón

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Vogal titular

María Blanca Cimadevila Álvarez

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médica de familia de atención primaria

Vogal titular

Cristina Pérez Feás

Funcionaria Lei 17/1989, do 23 de outubro

Inspectora farmacéutica de Saúde Pública

Vogal titular

Alfonso Alonso Fachado

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico de familia de atención primaria

Presidente suplente

Alejandro Alberto García Caballero

Persoal estatutario licenciado sanitario

Facultativo especialista en Psiquiatría

Secretario suplente

Javier García Caeiro

Funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Vogal suplente

Luis Eusebio Sánchez Santos

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal suplente

Iria Bastón Rey

Persoal estatutario licenciado sanitario

Facultativo especialista en Aparello Dixestivo

Vogal suplente

Paula Fraga Blanco

Persoal estatutario licenciado sanitario

Facultativo especialista en Xinecoloxía e Obstetricia