DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55165

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso.

Mediante a Resolución do 17 de xullo de 2023, da Presidencia de Portos de Galicia (DOG núm. 141, do 26 de xullo), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal da entidade pública empresarial Portos de Galicia, convocado pola Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 246, do 28 de decembro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións ou emendas sobre as ditas listaxes, de conformidade co establecido no punto 1.4.2 das bases que rexen os procesos selectivos, esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, nos postos seguintes:

Denominación posto

Grupo

Técnico en comunicación e relacións externas/grao ou licenciatura en Xornalismo

I

Xefe/a unidade/grao ou licenciatura en Dereito

I

Enxeñeiro/a de camiños, canais e portos

I

Xefe/a zona sur/enxeñeiro/a camiños, canais e portos

I

Enxeñeiro/a técnico topografía

II

Celador/a gardapeiraos

III

Administrativo/a

III

Delineante/técnico/a ou equivalente

III

Técnico/a en seguridade//bacharelato

III

Axudante topógrafo/FP2/técnico/a superior DPU e OT

III

Vixilante de obras/FP2

III

Auxiliar administrativo/ESO, técnico/a ou equivalente

IV

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas, con indicación da causa de exclusión, na páxina web https://portosdegalicia.gal

Así mesmo, e de conformidade co establecido no punto 1.4.2 das bases que rexen os procesos selectivos, nestas listaxes figuran as persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar que están en posesión do Celga requirido.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando, da documentación que deben de presentar tras superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas.

Para iso será necesaria a presentación dun escrito dirixido á Presidencia de Portos de Galicia en que se solicite a devolución, que deberá incluír un número de conta bancaria. A presentación deste escrito fóra de prazo suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia