DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55023

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2023, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 37696, no punto 2 do artigo 5, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2023, que ao ser inhábil prorrogarase ao día seguinte hábil (2 de xaneiro de 2024)».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 31 de decembro de 2023».