DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55024

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 31 de maio de 2023, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e realizar a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

As axudas da presente convocatoria son susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, e computa como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Liña de actuación 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Campo de intervención TI0021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

O financiamento da parte reembolsable dos préstamos farase con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes da axuda e, de ser o caso, préstamo comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 14.00 horas do día 31 de outubro de 2023, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Terceiro. O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Liña

Ano 2023

Ano 2024

Ano 2025

Ano 2026

05.A1.741A.7700

Axudas aos proxectos de investimento

empresarial xerais

150.000 €

500.000 €

1.500.000 €

850.000 €

Axudas aos proxectos de investimento en equipamento produtivo

150.000 €

500.000 €

1.500.000 €

850.000 €

05.A1.741A.7700

Axudas en forma de parte non reembolsable dos préstamos

300.000 €

1.000.000 €

1.000.000 €

100.000 €

05.A1.741A.8310

Préstamos parcialmente reembolsables, parte reembolsable

750.000 €

2.500.000 €

2.500.000 €

250.000 €

No caso de esgotamento do crédito dunha das liñas da partida orzamentaria 05.A1.741A.7700, poderá incrementarse co remanente da outra, se o houber, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape publicada para o efecto.

De igual xeito, no caso de esgotamento dalgunha das liñas da partida orzamentaria 05.A1.741A.8310 (ben a da presente convocatoria ou a da convocatoria da liña de préstamos directos para o financiamento empresarial), incrementarase co remanente da outra, se o houber, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape publicada para o efecto.

Así mesmo, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 5 meses desde a data de presentación de solicitude da axuda e, se é o caso, de préstamo. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 31 de marzo de 2026.

A beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda ou, se é o caso, de liquidación da parte non reembolsable do préstamo dentro do prazo dun mes a partir da data de fin da execución do proxecto fixada na resolución de concesión. Para estes efectos:

– Imputaranse á anualidade 2023 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de novembro de 2023, así como os tramos non reembolsables dos préstamos que sexan dispostos no exercicio 2023. Os gastos exectuados a partir do 1 de decembro de 2023 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2024.

– Imputaranse á anualidade 2024 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de setembro de 2024, así coma os tramos non reembosables dos préstamos que sexan dispostos no exercicio 2024. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2024 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2025.

– Imputaranse á anualidade 2025 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de setembro de 2025, así como os tramos non reembosables dos préstamos que sexan dispostos no exercicio 2025. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2025 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2026.

– Imputaranse á anualidade 2026 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación remate ata o 30 de abril de 2026.

O prazo para solicitar a disposición do préstamo determinarase na resolución de concesión para cada caso, e non poderá superar o 31 de marzo de 2026. O tramo non reembolsable terá a consideración de pagamento anticipado de subvención.

Quinto. Unha vez pechada a convocatoria, abrirase un rexistro de presolicitudes, que permanecerá aberto ata a apertura da seguinte convocatoria. As solicitudes de inscrición neste rexistro deberán conter todos os datos relativos ao proxecto de investimento e non poderán ser modificadas –agás actualización de importes– nin serán obxecto de revisión nin de requirimento de emenda, pero poderán rexeitarse se non conteñen datos suficientes para identificar o proxecto.

Unha vez aberta a seguinte convocatoria, para as solicitudes que opten daquela á concesión das axudas, terase en conta a data de presentación da presolicitude no rexistro en relación exclusivamente co efecto incentivador e sempre que se trate do mesmo proxecto. A inscrición no rexistro de presolicitudes non dará lugar a ningunha outra preferencia nin vantaxe na valoración da solicitude posterior.

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do/da beneficiario/a.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos
de investimento empresarial

O Igape, en cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúen a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da Comunidade galega.

O obxecto das axudas e dos préstamos regulados nestas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Esta liña de axudas, que ten como obxectivo estimular e apoiar o investimento empresarial privado, está aliñada co Plan estratéxico de Galicia 22-30, eixe 3: Competitividade e crecemento, prioridade de actuación 3.3: Impulsar o crecemento e competitividade das pemes, a transición industrial e o emprendemento, obxectivo estratéxico 3.3.1: Impulsar a creación de novas empresas, a consolidación e crecemento das existentes, a súa internacionalización e fomentar decididamente o espírito emprendedor. Garantir o cumprimento das condicións de seguridade das instalacións no que atinxe á seguridade industrial e de equipamentos industriais e a defensa das persoas consumidoras e usuarias, protexendo a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos. Así mesmo, alíñase co reto 2: Modelo industrial baseado na competitividade e no coñecemento da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 21-27.

Para alcanzar este obxectivo, o Instituto Galego de Promoción Económica entende que as ditas medidas de estímulo deben coordinarse coas xa implementadas polo Estado mediante a Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais, e o seu regulamento vixente, polo que se delimita a zona de promoción económica de Galicia.

Os apoios diríxense ás pequenas e medianas empresas pola súa función decisiva na creación de emprego e por constituír un factor de estabilidade social e de desenvolvemento económico, así como polas especiais dificultades para acceder ao capital e ao financiamento.

Por outra banda, respectando a horizontalidade, as axudas focalízanse nos sectores industriais ou vinculados á industria, con maior capacidade de xerar valor engadido e de provocar un efecto tractor sobre o resto de actividades.

Como novidade, admítese que as solicitudes presentadas á convocatoria de 2022 que non puidesen ser avaliadas por esgotamento do crédito e reiteren a mesma solicitude de proxecto na presente convocatoria 2023 manterían a data da solicitude inicial como referencia para o efecto incentivador da axuda e unicamente para este efecto. A nova solicitude terá a orde de prelación que lle corresponda na nova convocatoria, segundo a data de presentación.

Así mesmo, estáblecese por primeira vez un rexistro de presolicitudes, que estará aberto durante o período que vai desde o peche do prazo de solicitudes ata a apertura do seguinte, coa finalidade de que os/as solicitantes inscriban o proxecto de investimento para o cal solicitarán a axuda na seguinte convocatoria. Deste xeito, preténdese favorecer a axilidade na execución dos proxectos salvagardando o cumprimento do principio de efecto incentivador.

Con carácter xeral, as presentes bases ampáranse no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE.

Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións e, se é o caso, préstamos outorgaránselles a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados, o que, de ser o caso, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de investimento empresarial que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poida levar adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables e, se é o caso, financiables poidan ser atendidos en todo momento, ao manter a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sostible e protección dos recursos hídricos e mariños, economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

En aplicación do disposto na Lei 18/2022, de creación e crecemento de empresas, que modifica o artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, nestas bases incorpórase a obriga para as empresas de cumprir os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para poder ser beneficiarias de subvencións de importe superior a 30.000 euros.

En aplicación do disposto no artigo 84 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na redacción dada pola Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, valoraranse cun 2 % os proxectos de investimento empresarial xeral que se desenvolvan nun concello emprendedor, que poden consultarse aquí:

https://economia.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/-/topic/0109/concellos-emprendedores

Sección 1ª. Obxecto, procedemento, persoas beneficiarias, actividades, proxectos e conceptos subvencionables e requisitos da solicitude

Artigo 1. Obxecto, modalidades e tipoloxías de proxectos obxecto de apoio

1. Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas ou de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

No anexo I das presentes bases desenvólvense, nun cadro de especificacións, os requisitos, condicións e características de cada unha destas modalidades.

2. Tipoloxías de proxectos obxecto de apoio.

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das tipoloxías de proxecto subvencionables establecidas no punto A.1) do cadro de especificacións, para cada unha das modalidades incluídas no anexo I.

Así mesmo, deberán cumprir os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada tipoloxía de cada modalidade de proxecto.

3. Dimensión do proxecto de investimento e acumulación de solicitudes:

O importe do investimento subvencionable dos proxectos para os cales se solicita a axuda ou o préstamo deberá estar incluído dentro dos límites indicados para cada modalidade do anexo I.

Para a solicitude de préstamos parcialmente reembolsables requírese un investimento mínimo subvencionable de 500.000 €.

No caso de que o investimento subvencionable dunha solicitude, determinado logo do cumprimento dos demais requisitos establecidos nas presentes bases, supere o límite máximo fixado no punto A.3) da liña I.1 ou no punto A.2) da liña I.2 para cada modalidade de proxecto do anexo I, para os efectos da concesión, axustarase o investimento subvencionable a esa contía máxima.

Con carácter xeral, as pemes interesadas só poderán presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria. De se presentar máis de unha, arquivaranse automaticamente as rexistradas despois da primeira, agás desistencia expresa doutras por parte da persoa solicitante.

No caso de que a peme conte con máis dunha localización de instalacións en Galicia, poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que os proxectos se dirixan a dúas localizacións distintas.

Unha vez presentadas, as solicitudes non poderán modificarse co fin de adaptarse aos requisitos para obter as axudas nin para evitar atender os requirimentos de emenda de documentación, de ser o caso. Só se admitirán modificacións relativas á localización, redución de elementos de investimento e á actualización do importe dos investimentos.

Artigo 2. Procedemento

1. O procedemento de concesión destas subvencións e préstamos tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións ou préstamos por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007).

3. As axudas previstas nestas bases incardínanse no artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño).

4. A presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computa como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.3: o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.

Liña de actuación 1.3.01: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.

Campo de intervención TI0021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR02-Investimentos privados que acompañan o apoio público.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas e préstamos son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto deberá comunicárselle ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. Antes de conceder e pagar a axuda, deberá constar no expediente unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.

2. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, na data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso das agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes cumpridos para cumprir as obrigas que, coma beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído segundo o disposto no artigo 5.2 das presentes bases.

b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os cales solicitan a axuda.

c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

d) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014.

e) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

f) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004. Esta circunstancia acreditarase por parte das sociedades de acordo co indicado no anexo XII destas bases.

4. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014.

Artigo 5. Actividades subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos proxectados para o desenvolvemento das actividades relacionadas, para cada modalidade do anexo I, na letra B) do cadro de especificacións.

2. De acordo coa norma que dá cobertura ás presentes bases, o Regulamento xeral de exención por categorías (Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión), exclúense as seguintes actividades:

a) A produción e comercialización agrícola primaria, as actividades do sector do aceiro, do lignito e do carbón, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas, a produción, almacenamento, transporte e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxética e o sector da banda larga.

b) As recollidas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009 do Consello e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello.

Artigo 6. Investimento subvencionable

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda ou o préstamo, e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan para cada modalidade do anexo I, na letra C) do cadro de especificacións.

2. Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente na letra C) do cadro de especificacións do anexo I, ou para a adquisición de activos dun establecemento, coas condicións seguintes:

– A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirise será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador;

b) que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención ou axuda pública, e

c) que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, aspectos que se acreditarán mediante certificación de taxador independente.

– Cando se adquiran os activos dun establecemento nestas condicións, non será preciso achegar as tres ofertas exixidas no punto 7 do artigo 7 destas bases.

– Cando un membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a se faga cargo dunha pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria, e admitirase, como excepción e de xeito expreso, a obra civil en terreos sobre os cales exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados, nos casos en que así se prevexa na letra C) do cadro de especificacións do anexo I. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da persoa beneficiaria antes do remate do prazo de execución do proxecto; neste momento deberá constar o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e entenderase que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

5. Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

a) Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

b) Os custos de traslado de bens de equipamento que xa sexan propiedade da empresa.

c) Os custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.

d) A adquisición das instalacións nas cales a solicitante viña desenvolvendo a súa actividade en réxime de alugueiro ou dereito de uso de calquera tipo.

Artigo 7. Condicións dos proxectos

1. Os proxectos deberán ter un investimento mínimo subvencionable de 25.000 € para os proxectos da modalidade I.2 e de 50.000 € para a modalidade I.1 recollidas no anexo I destas bases, e máximo de 900.000 €. En ningún caso se considerará o IVE como concepto subvencionable.

2. As persoas solicitantes que acometan un proxecto cun investimento subvencionable igual ou superior a 500.000 € poderán solicitar o préstamo parcialmente reembolsable regulado na sección 3ª destas mesmas bases.

3. A persoa beneficiaria deberá realizar unha achega financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.

Non se consideran exentos de apoio público, entre outros, os préstamos bonificados, os préstamos de valores ou capital públicos, as participacións públicas que non cumpran o principio de investidor nunha economía de mercado, as garantías estatais que conteñan elementos de axuda ou o apoio público outorgado dentro do ámbito da norma de minimis.

4. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento da empresa de modo que esta non emprendería o proxecto obxecto de solicitude sen a axuda, ou que só o emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación en que a empresa incorrería en calquera caso.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda e, se é o caso, de préstamo. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita subvención e, se é o caso, préstamo con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entenderase por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

5. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión. Con carácter xeral, rematará dentro dos 18 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión para os proxectos de investimento empresarial xeral, e dentro dos 9 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión para os proxectos de investimento en equipamento produtivo, sen que poida exceder a data establecida para o efecto na resolución de convocatoria. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

6. Non obstante o indicado nos puntos 4 e 5 anteriores, as solicitudes que se presentasen á convocatoria do ano 2022 e que non puideron ser avaliadas por esgotamento do crédito poderán reiterarse nesta convocatoria, e terase en conta a data de presentación da solicitude no ano 2022 exclusivamente para a consideración do efecto incentivador e sempre que o proxecto para o cal se presente a solicitude sexa o mesmo. A nova solicitude terá que cumprir cos requirimentos destas bases reguladoras e a súa reiteración non dará lugar a ningunha outra preferencia nin vantaxe na valoración, e avaliarase cando lle corresponda segundo a data de presentación.

7. Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, excepto que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou subministren.

No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas, non será preciso achegar as tres ofertas, senón que deberá xuntarse un informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada. Exceptúase tamén deste requisito a adquisición de activos dun establecemento regulada no artigo 6.2 destas bases.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referise á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non desenvolvan no mercado a actividade de subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

8. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

9. Todos os elementos do investimento proxectados deberán estar vinculados e responder á tipoloxía de proxecto para a cal se solicita a axuda. Non serán subvencionables os elementos non relacionados ou que non contribúan á dita tipoloxía.

10. Os proxectos deberán estar vinculados ás actividades subvencionables establecidas nas presentes bases reguladoras.

Cando un ou varios elementos integrantes do proxecto estea ou estean vencellados a máis dunha actividade da empresa e unha ou máis non fosen subvencionables, para os efectos de determinar o investimento subvencionable considerarase exclusivamente o importe proporcional á vinculación do elemento en cuestión á actividade subvencionable para a cal se propón o proxecto. Nestes casos:

a) Se o concepto de investimento é obra civil, construción ou reforma, ou adquisición de edificacións, e están claramente diferenciados os metros cadrados asignados a cada actividade, para os efectos de determinar o investimento subvencionable deste concepto aplicarase a proporción de metros cadrados correspondentes á actividade subvencionable.

b) Se o concepto de investimento é obra civil, construción ou reforma, ou adquisición de edificacións, e non están claramente diferenciados os metros cadrados ou corresponden a zonas comúns, considerarase subvencionable o importe do investimento proporcional á porcentaxe de facturación da empresa, actual ou prevista, que supoña a actividade subvencionable nese establecemento.

c) Para os restantes elementos integrantes do proxecto de uso non exclusivo para a actividade subvencionable, considerarase subvencionable o importe do investimento proporcional á porcentaxe de facturación da empresa que supoña a actividade subvencionable nese establecemento, actual ou prevista.

11. Os proxectos deberán esta vinculados a un único establecemento por solicitude e a un único titular. Non serán subvencionables os investimentos que vaian ser utilizados por empresas distintas á solicitante ou noutros establecementos.

12. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Só poderá presentarse unha única solicitude en toda a convocatoria, e deberase escoller entre a liña de axudas a investimentos xerais, axudas ao investimento en equipamento produtivo ou préstamo parcialmente reembolsable. No caso de que a peme conte con máis dunha localización de instalacións en Galicia, poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que os proxectos se dirixan a dúas localizacións distintas.

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

2. No devandito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

e) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida, polo que constitúe unha infracción moi grave, tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007. As sancións que se poderán impoñer son as seguintes:

1º. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2º. Cando o importe do prexuízo económica correspondente á infracción exceda os 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do número 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i. Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou outros entes públicos.

ii. Coa prohibición durante un prazo de ata cinco anos para subscribir contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii. Coa perda durante o prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as cales se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

f) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

i) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de 5 ou 3 anos, segundo o establecido no artigo 30.1.a) das bases reguladoras.

j) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei. Así mesmo, tomarase en consideración a definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

k) Que cumpre os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

l) Que o proxecto financiado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou «taxonomía») das actividades económicas ambientais sostibles.

m) Que se compromete a garantir a protección fronte ao cambio climático das infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de cinco anos, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060. Para iso deberá ter en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2017 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.

n) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato errado ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, para que a emende través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade da persoa solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran na seguinte relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá, necesariamente, anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento deberá estar asinado electronicamente por cada un dos autorizantes.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, anotarase unha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación relacionada para cada modalidade do anexo I na letra E) do cadro de especificacións.

De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).

f) Consulta de información do imposto de actividades económicas ampliado.

g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

j) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e da creación do emprego.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

l) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas.

m) Consulta da documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo a letra E.1) de cada modalidade de proxecto de investimento recollido no anexo I destas bases.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo II) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Sección 2ª. Regulación específica das axudas en forma de subvención
a fondo perdido aos proxectos de investimento empresarial

Artigo 12. Réxime de aplicación

As axudas reguladas nestas bases ampáranse no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño) e, en particular, no seu artigo 14, que regula as axudas rexionais ao investimento.

Artigo 13. Contía da axuda

A contía da axuda será a indicada para cada modalidade do anexo I na letra D) do cadro de especificacións.

Artigo 14. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Competitividade do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Competitividade é o órgano competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 15. Instrución dos procedementos

1. As solicitudes avaliaranse por orde de entrada de solicitudes completas ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva. Cando se produza o esgotamento do crédito, as solicitudes pendentes de avaliación resolveranse denegando a solicitude.

2. A solicitude de axuda será sometida a informe os servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada. Logo do informe dos servizos técnicos, as solicitudes serán avaliadas por un comité de avaliación formado pola persoa titular da Dirección da Área de Competitividade, a persoa titular da Subdirección de Investimento e Startups e a persoa técnica responsable do programa. Así mesmo, poderase convocar o persoal dos servizos técnicos, representantes das consellerías sectoriais, así como persoas técnicas especializadas.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer:

a) Se a documentación non achegada corresponde á exixida para o expediente administrativo, terase por desistida na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

b) Se a documentación non achegada corresponde á relativa aos investimentos, detraerase ou axustarase, segundo corresponda, o importe dos investimentos afectados para os efectos de determinar o investimento subvencionable.

c) Se a documentación non achegada corresponde á acreditación dos criterios baremables, non se obterá puntuación ningunha nos correspondentes criterios.

4. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, xustificadamente, poderá requerirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, na cal se indicarán as causas desta.

6. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 16. Resolución

1. A Área de Competitividade do Igape ditará proposta de resolución con base neste procedemento e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, que resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención con indicación das obrigas que corresponden á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) 2021/1060.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón de tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 17. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, se fose expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Competitividade, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpor o recurso será dun mes, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Sección 3ª. Regulación específica dos préstamos parcialmente reembolsables
para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial

Artigo 18. Réxime de aplicación

Os préstamos parcialmente reembolsables ampáranse no Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro), e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo), e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro), que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

Artigo 19. Requisitos para a súa solicitude

Adicionalmente aos demais requisitos establecidos nas seccións 1ª e 2ª anteriores, así como na presente sección, poderán solicitar o préstamo parcialmente reembolsable as persoas solicitantes que acometan un proxecto un investimento subvencionable igual ou superior a 500.000 €.

Artigo 20. Características dos préstamos

1. Características: os préstamos concedidos contarán cun tramo reembolsable e outro non reembolsable. O tramo non reembolsable constituirao a subvención concedida ao abeiro das presentes bases, e cobrarase por anticipado coa disposición do préstamo.

Preverase a posibilidade de solicitar e realizar varias disposicións. As distintas disposicións atenderán ao ritmo de execución do proxecto subvencionado e financiado.

Os anticipos do tramo non reembolsable ou subvención concederanse mediante resolución motivada e non superarán o importe previsto en cada anualidade orzamentaria, de acordo co indicado no artigo 63.1.dous do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

2. Importe do financiamento: a suma dos tramos reembolsable e non reembolsable (subvención) será, como máximo, do 75 % do investimento subvencionable.

3. Duración e reembolso: o tramo reembolsable será reintegrable nun prazo que, axustado ao plan económico-financeiro presentado pola solicitante, non exceda os 12 anos, dentro dos cales se poderá incluír un período de carencia na amortización do principal. O tramo non reembolsable será amortizado coa liquidación da axuda, conforme o establecido no artigo 32 destas bases.

4. Tipo de xuro: será fixo, determinado conforme o establecido no anexo IV destas bases, sen que en ningún caso o tipo resultante sexa inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula:

(C × R × T)/36000

Onde C = capital, R = tipo de xuro nominal anual para pagar trimestralmente expresado en puntos porcentuais e T = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C × R)/400

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude do contrato de préstamo, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

5. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas en función da dispoñibilidade da prestataria e das características do proxecto. O tramo non reembolsable, que terá a consideración de subvención cobrada anticipadamente, estará exento de presentación de garantías con base no punto 4 do artigo 67 do Decreto 11/2009, sen prexuízo de que se poida prever unha colateralización conxunta co tramo reembolsable.

6. Reembolso anticipado voluntario: a persoa beneficiaria terá a facultade de realizar o reembolso total ou parcial da operación financeira, con anterioridade ao seu vencemento, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

7. Liquidación: os pagamentos da persoa beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben mediante domiciliación na conta que a persoa beneficiaria designe, para o cal a titular deberá presentar debidamente cuberto o formulario «Orde de domiciliación de débito directo SEPA», que se incorpora no anexo IX. As liquidacións periódicas dos importes para ingresar ou cargar na conta de domiciliación serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, ao enderezo de correo electrónico sinalado no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá a titular da obriga de pagamento nos prazos establecidos. O pagamento da liquidación fóra do prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros de mora conforme o pactado no contrato de financiamento.

8. Dereito privado: os contratos mediante os cales se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado.

Artigo 21. Custo do financiamento

Os préstamos previstos nestas bases reguladoras obrigarán a persoa beneficiaria ao pagamento de xuros sobre a débeda viva ata o total reembolso, calculados a un tipo determinado conforme a Comunicación da Comisión Europea de revisión do método de fixación de tipos de referencia e actualización 2008/C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro), con base na cualificación de risco de crédito da titular e das garantías que o Igape tome, de acordo coa metodoloxía descrita no anexo V.

Artigo 22. Criterios de selección de proxectos

1. Os proxectos que cumpran as condicións e requisitos previstos nos artigos anteriores serán avaliados conforme os seguintes criterios:

a) Cualificación do risco de crédito: conforme a metodoloxía de avaliación descrita no anexo V, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: «excelente (AAA-A)», «boa (BBB)», «satisfactoria (BB)», «deficiente (B)», ou «mala/dificultades (CC)».

b) Cualificación da garantía: conforme os criterios descritos no anexo VI, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveis de colateralización: «alta», «normal» e «baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas na letra a) do punto anterior, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos no citado anexo V. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos, o préstamo será denegado.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no punto anterior deste artigo serán aprobadas pola orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 23. Órganos competentes

O órgano competente para instruír o procedemento de concesión do préstamo será a Área de Financiamento do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Financiamento é o órgano competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

O Consello de Dirección do Igape será o órgano que adoptará a decisión de concesión ou denegación da solicitude e poderá acordar tamén a realización de actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento, incluída a ampliación de información para unha mellor avaliación e a petición de informes complementarios. No caso de adoptar un acordo diferente ao proposto polo Comité de Riscos, este deberá ser motivado.

Artigo 24. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos de solicitude de préstamo parcialmente reembolsable rexeranse polo previsto no presente artigo.

2. As solicitudes serán sometidas a informe e avaliadas polos servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos á persoa solicitante e ao proxecto declarados na solicitude, no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que para a cualificación do risco de crédito poida solicitarse información da solvencia da solicitante e dos seus avalistas, para o cal se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, a Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que, se é o caso, participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

3. Logo do informe dos correspondentes servizos técnicos, a solicitude de préstamo parcialmente reembolsable será avaliada por un Comité de Riscos formado por un número impar de membros, que incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e das correspondentes consellerías sectoriais. Adicionalmente, poderá solicitarse a presenza, como persoas asesoras, de persoal de calquera Administración pública, que non participará nas votacións. Para esta avaliación, contarán cun informe técnico específico, que incluirá a cualificación de risco de crédito, o grao de colateralización e a determinación das condiciones financeiras.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións dos proxectos incluídas no informe técnico específico, e poderá acordar axustes cualitativos na puntuación, sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución favorable ou desfavorable ou, alternativamente, poderá pospoñer a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación.

4. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer:

a) Se a documentación non achegada corresponde á exixida para o expediente administrativo, terase por desistida na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

b) Se a documentación non achegada corresponde á relativa aos investimentos, detraerase ou axustarase, segundo corresponda, o importe dos investimentos afectados para os efectos de determinar o investimento subvencionable.

c) Se a documentación non achegada corresponde á acreditación dos criterios baremables, non se obterá puntuación ningunha nos correspondentes criterios.

5. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, xustificadamente, poderá requerirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

6. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto ás persoas interesadas para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas.

Artigo 25. Acordo de concesión ou denegación

1. O acordo de concesión conterá a seguinte información:

a) Identificación da persoa beneficiaria.

b) Contía da subvención e obrigas que correspondan á persoa beneficiaria.

c) Importe e descrición do investimento considerado subvencionable e non subvencionable, que coincidirá en todo caso co investimento financiable e non finaciable do préstamo.

d) Requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa actuación subvencionada.

e) O calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación.

f) Importe do préstamo concedido.

g) O tipo de xuro aprobado.

h) O prazo de vixencia e, se é o caso, de carencia.

i) O prazo de disposición dos fondos.

j) A descrición das garantías para constituír a favor do Igape.

k) Outras obrigas e compromisos que se poidan requirir á prestameira.

2. No acordo denegatorio farase constar o motivo da denegación.

3. As notificacións dos actos administrativos realizaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón de tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará das persoas interesadas o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificación de recepción electrónico).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, o Igape realizará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. O prazo máximo para resolver e notificar o acordo será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase acordo expreso, os/as interesados/as poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015.

Artigo 26. Réxime de recursos

Os acordos adoptados sobre as solicitudes de préstamos parcialmente reembolsables ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra eles poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación do acordo, se fose expreso, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Financiamento, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante o Consello de Dirección do Igape, no caso de recursos de reposición contra os acordos de concesión ou denegación dos préstamos. En ambos os casos, o prazo para interpor o recurso será dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación do acordo, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, conforme o establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 27. Formalización das operacións financeiras

1. As persoas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos no acordo de concesión.

A solicitude de formalización por parte da persoa beneficiaria deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o formulario normalizado que figura como anexo VII, a través do enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen formalización, decaerá a concesión do préstamo, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

2. Serán por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición, se é o caso, de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que a dita operación devindique.

Artigo 28. Disposición dos fondos

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións serán os establecidos no acordo de concesión. En todo caso, este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase por solicitude da persoa beneficiaria, conforme o modelo do anexo VIII.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo VIII), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e deberán acreditar os requisitos e achegar a documentación sinalados a continuación, así como aqueles outros que, se é o caso, se establezan no acordo de concesión:

a) Será necesario acreditar previamente a existencia de débeda cos provedores dos bens a financiar mediante facturas, contratos, facturas pro forma ou orzamentos debidamente aceptados.

b) En proxectos xa iniciados, e sempre para a segunda e posteriores disposicións, será necesario acreditar documentalmente a realización e pagamento dos investimentos executados mediante facturas, xustificantes de pagamento e extractos bancarios.

c) Con carácter xeral, a parte do proxecto financiada con fondos propios ou con outros fondos alleos será executada e pagada con anterioridade á utilización do préstamo ou simultaneamente. En caso de pagamento simultáneo, a prestameira deberá acreditar, mediante certificación bancaria, a dispoñibilidade líquida para o pagamento da parte non financiada co préstamo.

d) Conforme o punto dous do artigo 55 da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamen tos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2023, a prestameira deberá acreditar que está ao día no pagamento das obrigas de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante certificación do órgano competente ou, cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

Non será necesario acreditar os requisitos e achegar a documentación establecidos nas letras a), b) e c) cando o reembolso dun tramo do préstamo figure integramente avalado mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca.

Os avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca achegados pola persoa beneficiaria en garantía da execución e correcta xustificación ante o Igape dos investimentos ou gastos aprobados no acordo de concesión serán liberados unha vez que conste xustificado o proxecto ou actuación conforme o establecido no artigo 31 das presentes bases.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a persoa titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada, e será requisito que as garantías que, se é o caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá resolución en que anule o compromiso pola parte non disposta.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pagamento dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión.

Sección 4ª. Modificación das resolucións, obrigas das persoas beneficiarias, xustificación, incumprimentos e efectos dos incumprimentos

Para os efectos da presente sección, cando exista préstamo parcialmente reembolsable concedido, as referencias a «resolución» entenderanse feitas a «acordo».

Artigo 29. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitirase un máximo de dúas solicitudes de modificación dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, relativas ao gasto subvencionable, á data de execución do proxecto, á localización, ao emprego, de ser o caso, e á titularidade do proxecto, sempre e cando estes cambios non alteren ou desvirtúen o proxecto. Concretamente, non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

En canto á modificación da data de execución do proxecto, só se poderá autorizar durante o prazo máximo da metade do prazo inicial, sen que poida exceder o prazo máximo de execución establecido no punto cuarto do «resolvo» da convocatoria.

2. A solicitude de modificación deberá ser presentada cun mes, como mínimo, de antelación á data de finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, agás que se trate de modificación da titularidade do proxecto, para a cal non operará o prazo anterior.

3. No caso dos préstamos, os prazos para a formalización das operacións e para a disposición dos fondos poderán ser modificados, logo de solicitude das persoas interesadas, cunha antelación de 15 días á data de finalización dos correspondentes prazos.

4. A persoa beneficiaria deberá comunicarlle ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. Para solicitar a modificación deberá cubrir previamente o formulario electrónico sinalado no artigo 8 das bases e presentar a instancia de modificación xerada pola aplicación, dirixida á persoa titular da Dirección Xeral do Igape. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ás persoas interesadas. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polas persoas interesadas. Nos expedientes de préstamo, a competencia para acordar ou denegar as modificacións será do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 30. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención ou do préstamo, no prazo establecido na resolución de concesión, e manter os investimentos e, se é o caso, o emprego durante os seguintes prazos:

1º. Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto, salvo que se trate de bens inscritibles nun rexistro público, que deberán manterse durante 5 anos. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a actividade económica da persoa beneficiaria se manteña en Galicia durante o período mencionado, pero esta substitución non poderá ser obxecto de subvención. No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os cales exista un dereito de uso, deberá manterse o arrendamento ou o uso ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa durante 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

2º. No caso de compromiso de mantemento de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, manter a cifra de emprego determinada, se é o caso, segundo o disposto na letra D) do cadro de especificacións, para cada modalidade do anexo I das presentes bases na data de finalización do prazo de execución do proxecto ou na data de presentación da solicitude de cobramento, se esta fose anterior, durante os 2 anos posteriores á data límite de execución do proxecto indicada na resolución de concesión.

3º. No caso de compromiso de creación de emprego estable, deberán crearse, na Comunidade Autónoma de Galicia, durante o prazo de execución do proxecto, os postos de traballo comprometidos e contar, na data de finalización do prazo de execución do proxecto fixada na resolución de concesión (ou na data de presentación da solicitude de cobramento se esta fose anterior), con ese incremento neto de postos de traballo indefinidos con respecto á cifra de emprego que se deberá manter establecida. Así mesmo, deberán continuar co emprego acadado (o que está obrigado a manter, se é o caso, máis o de nova creación) durante os 2 anos posteriores á data límite de execución do proxecto indicada na resolución de concesión.

O mantemento do emprego comprometido e o compromiso de creación de emprego, comprobaranse na data límite de execución do proxecto indicada na resolución de concesión ou na data de presentación da solicitude de cobramento, se esta fose anterior (e en calquera data durante o prazo de mantemento do emprego durante os 2 anos posteriores á data límite de execución do proxecto indicada na resolución de concesión), e deberase acreditar a creación neta de postos de traballo con contratos indefinidos.

A axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao cumprimento desas condicións durante o prazo de execución e, se é o caso, o prazo posterior de mantemento, e será obxecto dunha resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda, que poderá derivar en reintegro.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención ou do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención ou do préstamo.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 RDC).

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

e) Comunicarlle ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención ou de liquidación cando exista préstamo concedido.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder, segundo o establecido no anexo X.

g) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

h) No caso de proxectos que requiran a realización de obra civil durante a execución do proxecto, deberanse cumprir as seguintes condicións específicas:

Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 da Listaxe europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532EC) xerados na execución da obra prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

Para a execución da actuación non se utilizará amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da Listaxe de substancias suxeitas a autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

Acreditar a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as Orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027.

i) Reintegrar os fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

2. Adicionalmente, no caso de formalización de préstamo, é obriga da persoa beneficiaria prestameira reintegrar anticipadamente a operación financeira, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 31. Xustificación da actuación subvencionable

1. Para os efectos do presente artigo e cando exista préstamo concedido, as referencias a «solicitude de cobramento» entenderanse feitas a «solicitude de liquidación».

2. Para a xustificación da actuación subvencionable que fundamenta a concesión da subvención e, se é o caso, do préstamo, e para a solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán completarse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

3. A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo III), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato errado ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar á resolución de perda de dereito ao cobramento da axuda no caso de non seren corrixidas, logo requirimento formulado para tal fin.

4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou se a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

6. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria da axuda presentará documentación relacionada para cada modalidade do anexo I na letra F) do cadro de especificacións.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

A persoa beneficiaria tamén deberá cubrir, na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación, os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 30.1.d): data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da persoa beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica.

A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda e, se é o caso, préstamo poderá ser motivo de resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda, que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

9. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total do investimento aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

Artigo 32. Aboamento ou liquidación das axudas

1. O aboamento ou a liquidación da axuda, segundo proceda, realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, o Igape ditará a resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda.

2. No caso de concesión de subvención exclusivamente, aboarase esta logo de realización dos trámites indicados no punto anterior.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

3. No caso de préstamos parcialmente reembolsables, consideraranse cumpridas as condicións da subvención cobrada anticipadamente, logo de realizar os trámites indicados no punto 1 anterior, e reducirase a débeda á que resulte vixente no tramo reembolsable, así como a base que se considerará para o cálculo e liquidación dos xuros.

No caso de que a persoa beneficiaria xa non fose a titular do devandito préstamo ou de que o importe da subvención para liquidar exceda o saldo vivo do préstamo, aboarase a subvención na contía resultante da diferenza entre a subvención para liquidar e o saldo vivo do préstamo.

Artigo 33. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, da liquidación, total ou parcial, da subvención, no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007 ou o disposto na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento ou liquidación da subvención, e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior, será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento ou liquidación da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) O incumprimento da normativa en materia de prazos a provedores.

d) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 RDC).

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de axuda pública de, polo menos, un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido para cada modalidade do anexo I, no punto A.3) da liña I.1 ou no punto A.2) da liña I.2 do cadro de especificacións, ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no punto 4 deste artigo.

h) Non comunicarlle ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

i) Non dar publicidade do financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 30.1.f) destas bases.

j) Non comunicarlle ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

k) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

l) Incumprimento das condicións específicas definidas no artigo 30.1.h) destas bases, no caso de proxectos que requiran a realización de obra civil.

4. Perda parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tidos en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de efectuar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

No caso de condicións referidas ao mantemento e creación de emprego, na data de finalización do prazo de execución do proxecto fixado na resolución de concesión ou na data de presentación da solicitude de cobramento, se esta fose anterior, o incumprimento suporá a perda dos puntos porcentuais concedidos ao emprego non mantido ou non creado no período.

5. No período de mantemento dos investimentos e do emprego, en casos en que se aplique o previsto no artigo 30.1 destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indican a seguir:

a) Non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

b) No que se refire ao mantemento do emprego no período posterior á data de execución do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente atendendo á media de emprego non mantido durante o período e aplicándolle a mesma ponderación outorgada na resolución de concesión nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

c) Non manter a publicidade do financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 30.1.f) destas bases, durante o periodo de mantemento posterior a execución suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.

Artigo 34. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O incumprimento total ou parcial, determinado de acordo co previsto no artigo anterior, dará lugar á declaración de incumprimento, total ou parcial, segundo corresponda, das condicións de concesión do préstamo.

2. O Igape poderá resolver o contrato de financiamento e declarará vencido anticipadamente o seu crédito cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Declaración de incumprimento total de condicións nos supostos recollidos no artigo anterior.

b) A falta de pagamento pola prestameira de principal e xuros do préstamo por importe equivalente a tres cotas trimestrais.

c) A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade de información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que fose determinante para a súa aprobación.

3. A prestameira quedará obrigada ao pagamento das obrigas procedentes do contrato no termo de cinco días naturais, contados desde a data da notificación da resolución. Se a prestameira incumprise a obriga de pagamento no prazo antes sinalado, poderá o Igape, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son exixibles.

4. O Igape poderá modificar o calendario de amortización do préstamo e declarará vencida anticipadamente parte do principal cando se produza o incumprimento parcial de condicións. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Sección 5ª. Réxime sancionador, fiscalización e control, comprobacións,
transparencia e bo goberno e remisión normativa

Artigo 35. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 36. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións e dos préstamos regulados nestas bases someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, e achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se lle efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 37. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención e, se é o caso, do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute deles.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape lle efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do Regulamento (UE) 2021/1060.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 38. Transparencia e bo goberno

1. Respecto das axudas concedidas, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias da subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 39. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fonde de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados (DOUE L 231, do 30 de xuño).

c) Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño).

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Mapa de España de axudas rexionais para o período 2022-2027, aprobado pola Comisión Europea o 17 de marzo de 2022.

f) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro), e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo), e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro), que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

g) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización 2008/C 14/02 (DOCE do 19 de xaneiro).

h) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

i) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

k) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

l) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

m) No resto da normativa que resulte de aplicación.

ANEXO I

Cadro de especificacións das modalidades de proxectos de investimento
obxecto de solicitude de subvención ou de préstamo

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

A) Tipoloxías, requisitos específicos e dimensión dos proxectos subvencionables.

A.1) Tipoloxía de proxectos subvencionables.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan a unha das seguintes tiploxías:

– Creación dun novo establecemento.

– Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

– Diversificación da producción dun establecemento existente en productos que anteriormente non se producían nel.

– Cambio fundamental no proceso global de produción do produto ou produtos afectados polo investimento no establecemento.

A.2) Requisitos específicos da tipoloxía de proxecto.

1. Os proxectos de creación dun novo establecemento deberán responder a algunha das situaciones seguintes:

– Creación dun primeiro establecemento.

– Creación dun novo establecemento noutra localización diferente ou por traslado con ampliación da capacidade produtiva.

2. Nos proxectos de diversificación da produción dun establecemento existente en productos que anteriormente non se producían nel, o investimento subvencionable deberá superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado na data de presentación da solicitude.

3. Os proxectos de cambio fundamental no proceso global de producción suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

A.3) Dimensión do proxecto de investimento.

Os proxectos desta tipoloxía para os cales se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 € e non superior a 900.000 €.

B) Actividades subvencionables.

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

CNAE 2009

Descrición

Observacións

08.

Outras industrias extractivas

09.

Actividades de apoio ás industrias extractivas

10.

Industria da alimentación

11.

Fabricación de bebidas

13.

Industria téxtil

14.

Confección de pezas de vestir

15.

Industria do coiro e do calzado

16.

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles, cestaría e espartaría

17.

Industria do papel

18.

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

20.

Industria química

21.

Fabricación de produtos farmacéuticos

22.

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

23.

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

25.

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento

26.

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

27.

Fabricación de material e equipamento eléctrico

28.

Fabricación de maquinaria e equipo n.c.n.p

29.

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

30.

Fabricación doutro material de transporte

31.

Fabricación de mobles

32.

Outras industrias manufactureiras

33.

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

38.2

Tratamento e eliminación de residuos

38.31

Separación e clasificación de materiais

38.32

Valorización de materiais xa clasificados

45.2

Mantemento e reparación de vehículos de motor

45.4

Venda, mantemento e reparación de motocicletas e dos seus recambios e accesorios

Soamente mantemento e reparación. Exclúese a venda.

52.10

Depósito e almacenamento

52.24

Manipulación de mercadorías

59.

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

61.

Telecomunicacións

71.20

Ensaios e análises técnicas

77.31

Alugamento de maquinaria e equipamento de uso agrícola

Soamente maquinaria e equipamento de uso forestal.

77.32

Alugamento de maquinaria e equipamento para a construción e enxeñaría civil

77.39

Alugamento doutra maquinaria, equipamentos e bens tanxibles n.c.n.

Soamente motores, turbinas, máquinas ferramenta, equipamentos de extracción mineira, equipamentos de radio, televisión e comunicación, equipamentos profesionais de produción cinematográfica, equipamentos de medición e control e outra maquinaria de uso industrial.

82.92

Actividades de envasado e empaquetado

C) Conceptos de investimento subvencionables.

C.1) Serán subvencionables os seguintes conceptos de investimento:

1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:

a) Nova construcción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da persoa solicitante, ou sobre os cales a persoa solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa –outorgados por persoas ou entidades non vinculadas á persoa solicitante–, cunha vixencia mínima de 5 anos contados desde a data de finalización do proxecto establecida na resolución ou acordo de concesión.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil nova incluído na solicitude de axuda será o que resulte da aplicación dos seguintes módulos:

Concepto

Valor do módulo

Acondicionamento e urbanización1

36 €/m2

Aparcadoiros externos

36 €/m2

Aparcadoiros situados no edificio

252 €/m2

Nave de uso industrial2 distinta de nave frigorífica

252 €/m2

Nave frigorífica

315 €/m2

Oficinas, laboratorios e zonas comúns en naves de uso industrial

303 €/m2

Edificios distintos das naves de uso industrial3

730 €/m2

1 A superficie considerada subvencionable por este concepto, nos casos en que exista construción de inmoble, será a menor das dúas seguintes:

– 5 veces a superficie construída en planta baixa.

– A superficie da parcela non construída.

2 Espazos ou construcións habilitados para a produción, manufactura, almacenaxe e distribución, entre outros.

3 Espazos ou construcións característicos das actividades de servizos que non estean situados en naves de uso industrial.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil en reforma ou rehabilitación será o que resulte da aplicación dos módulos anteriores multiplicados por 0,60.

b) Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados por persoa ou entidade non vinculada coa persoa solicitante. O arrendamento deberá ter unha vixencia mínima de 5 anos, contados desde a data de finalización do proxecto que figure na resolución ou acordo de concesión. O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento da reforma será o que resulte da aplicación dos módulos detallados no punto anterior multiplicados por 0,60.

c) Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado. O importe da construción que poderá considerarse subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición. No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

d) Nos casos de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o custo subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios recollidos no punto anterior, e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade da persoa solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente.

Se dentro do prazo de execución do proxecto ou do de mantemento dos investimentos establecidos na resolución ou acordo de concesión fosen alleadas as instalacións da antiga localización da persoa solicitante, e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos do cálculo da subvención, deberá notificárselle ao Igape tan pronto como se produza a transmisión e realizarase ao reaxuste do importe da subvención concedida.

A obra civil debe ser executada e facturada por terceiros. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola persoa solicitante.

2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, utensilios (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipamentos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

En ningún caso terán a consideración de bens de equipamento as obras necesarias para a súa instalación.

3. Outros investimentos en activos fixos: mobiliario, equipamentos para procesos de información e envases ou embalaxes que, polas súas características, deban considerarse como inmobilizado.

4. Aplicacións informáticas directamente vinculadadas co proceso produtivo que cumpran os seguintes requisitos:

– Utilización exclusiva no establecemento beneficiario da axuda.

– Ser amortizables.

– Adquisición en condicións de mercado a terceiros non vinculados co comprador.

– Deben formar parte do activo da empresa e permanecer vinculados ao proxecto subvencionado durante, polo menos, 3 anos.

5. Adquisición de activos dun establecemento.

A adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirise será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

– Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador;

– que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e

– que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, aspectos que se acreditarán mediante informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada.

Cando un membro da familia do/da propietario/a inicial ou un/unha empregado/a se faga cargo dunha pequena empresa para continuar coa actividade, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

C.2) Os proxectos deberán acadar a seguinte simetría entre o investimento infraestrutural (obra civil e outros conceptos inmobiliarios), que denominaremos «O», e o investimento subvencionable en bens de equipamento, que denominaremos «M». O importe que se subvencionará no conxunto de investimento «O» será, como máximo, do triplo de «M».

En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

D) Contía da axuda.

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable pola porcentaxe de subvención, que será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

Criterio

Microempresa

Pequena empresa

Mediana empresa

1. Tamaño da empresa

24 %

24 %

15 %

2. Mantemento do emprego1

3 %

3 %

3 %

3. Creación de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia2:

– Por cada posto de traballo que van ocupar persoas con discapacidade3

– Por cada posto de traballo distinto do anterior

Puntuación máxima para o criterio4

3 %

1,5 %

3 %

2 %

1 %

3 %

1 %

0,5 %

2 %

4. Achega de certificación ambiental relacionada cos obxectivos do Pacto verde europeo5

3 %

3 %

3 %

5. Proxectos localizados nun concello declarado como concello emprendedor

2 %

2 %

2 %

1 Determinarase con base á cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación da solicitude da axuda (estrutura fixa de persoal da empresa), de acordo coa información obtida do informe de vida laboral da empresa.

2 Determinarase con base no compromiso de creación neta de postos de traballo de carácter indefinido na Comunidade Autónoma de Galicia e durante o prazo de execución do proxecto.

3 Considéranse persoas con discapacidade as que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % recoñedido polo órgano competente.

4 No caso dos novos establecementos en que non exista emprego que manter e, polo tanto, a puntuación do criterio 2 da táboa anterior sería igual a cero, a puntuación máxima para o criterio 3 de creación de emprego elevaríase ao 6 % no caso das microempresas e pequenas empresas, e ao 5 % no caso das medianas empresas.

5 Certificacións de xestión ambiental global, economía circular, eficiciencia enerxética, redución de emisións, entre outras. No caso de empresas de nova creación, poderán achegar compromiso de obtención da certificación dentro do prazo de execución do proxecto.

Para estes efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo o derivado de contratos de carácter indefinido a tempo completo. No caso de contratos a tempo parcial, computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

En todo caso, a porcentaxe de subvención resultante non excederá o 35 % no caso das microempresas e pequenas empresas e de 25 % no caso das medianas empresas.

E) Documentación complementaria para presentar xunto coa solicitude de subvención ou de préstamo.

E.1) Documentación do expediente administrativo:

1. Certificado de situación censual expedido pola AEAT e/ou, no caso de novas actividades ou novos establecementos, compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

2. Documentación xurídica da personalidade da solicitante:

a) Para sociedades ou entidades xa constituídas:

Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades inscritas no Rexisto Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

b) Para sociedades en constitución:

Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade á emisión da proposta de resolución. Para tal fin, a documentación establecida na letra a) anterior deberá ser presentada no Igape con anterioridade á resolución do expediente. Se non fose presentada, de oficio ou logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

3. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico da solicitude.

4. No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o cal se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

5. No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes con reutilización de activos, deberán achegar o inventario de inmobilizado que serviu de base para a formulación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado, con indicación, para cada elemento do inventario, da data de adquisición ou incorporación, valor ou coste de adquisición, importe da amortización acumulada na data do inventario e, se é o caso, doutras depreciacións por perda de valor, así como o valor neto contable na data do inventario.

Así mesmo, deberá achegar un informe dun experto independente colexiado que indique os activos do inventario que se pretende reutilizar, os cales deberán figuran identificados no inventario de inmobilizado.

No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes sen reutilización de activos, deberán presentar unha declaración responsable nese sentido.

6. Declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

7. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións destas.

8. Declaración de cumprimento cos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, e acreditación do devandito cumprimento con:

a) No caso das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

b) Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

1º. Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, se da información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, bastaría un certificado, emitido polo auditor de contas da sociedade, que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais cumpriría, polo tanto, o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento da solicitude da subvención ou axuda. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun informe de procedementos acordados, realizado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. O informe terá validez durante o prazo de 6 meses desde a data de referencia.

9. Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio do no significant harm-DNSH), segundo o anexo XI destas bases.

10. Documentación que acredite a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027. Con todo, se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación na fase de xustificación, na cal o promotor deberá acreditar a documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto.

11. Se se solicita préstamo parcialmente reembolsable, deberán achegar, adicionalmente ao anterior:

a) No caso de suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do imposto sobre sociedades do último exercicio impositivo para o cal estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

b) No caso de persoas físicas ou entidades que non sexan suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do IRPF do empresario e/ou dos socios, segundo o caso, referida ao último período impositivo para o cal estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

c) Declaracións de IVE presentadas no exercicio corrente e declaración resumo de IVE do exercicio pechado anterior, en PDF nativo.

d) Extractos bancarios de cada unha das contas bancarias da solicitante, comprensivos dos catro meses anteriores á data de presentación da solicitude, en formato PDF nativo (descargados directamente da aplicación web da entidade financeira ou facilitados por ela).

e) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente, que a solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

f) Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidos a unha data e período recentes, respectivamente.

g) Memoria para a cualificación do risco de crédito co seguinte contido:

– Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa.

– Capacidades básicas: estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control.

– Capacidade técnica da entidade: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais.

– Capacidade tecnolóxica da entidade: recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i.

– Capacidade económica da entidade: análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade.

h) Acreditación da dispoñibilidade do financiamento necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

i) Plan económico-financeiro da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto da solicitude.

Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega de calquera outra documentación xustificativa para os efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

E.2) Documentación relativa aos investimentos:

1. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado a persoa solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.7 e agás as excepcións previstas nestas bases reguladoras.

No caso de elementos para os cales, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de provedores que os subministren: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo desta circunstancia.

No caso de elementos para os cales se pretenda a subvencionalidade dunha oferta económica distinta da de menor importe: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo de que foi escollida a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e explicación dos criterios recollidos e do modo en que estes fosen valorados.

2. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os cales non sexa de aplicación o previsto no punto anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

3. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

4. No caso de obra civil, deberán presentar proxecto de obra visado e/ou planos, nos cales se deberá poder verificar a superficie correspondente a cada concepto de obra civil previsto nos módulos incluídos no punto C.1) 1.a) do presente cadro de especificacións.

Para estes efectos, cando se trate de obras menores, como as necesarias para a instalación dos equipamentos subvencionables, entre outras, non será preceptiva a achega desta documentación.

5. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións realacionadas con inmobles, deberán presentar:

a) No caso de obra civil de construción en terreo propio: acreditación da propiedade do terreo ou compromiso de que pasará a ser propiedade do solicitante antes do comezo das obras.

b) No caso de obra civil de construcción en terreo con concesión administrativa ou dereito de superficie: documento acreditativo da concesión ou do dereito de superficie, que deberá ter unha duración superior a 5 anos contados desde a data de finalización do proxecto que figure na resolución de concesión.

c) No caso de reforma dun inmoble (nave, edificio, local...) propio: documentación acreditativa da titularidade do inmoble.

d) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os cales exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos (excluíndo prórrogas) contados desde a data de finalización do proxecto que figure na resolución de concesión.

e) No caso de adquisición de edificacións xa construidas novas: informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada do valor de mercado dos bens que se adquiran.

f) No caso de adquisición de edificiacións xa construidas usadas:

– Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

– Informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada do valor de mercado dos bens que se adquiran.

g) No caso de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, con abandono de instalación propiedade da empresa solicitante ou dos seus socios maioritarios: informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada do valor de mercado das instalacións que se abandonen.

h) No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á resolución da solicitude: contrato de compravenda. Se as instalacións que se abandonan non son propiedade da empresa solicitante ou dos seus socios maioritarios, declaración responsable ao respecto.

6. No caso de investimentos vencellados a máis dunha actividade económica da empresa, e se unha delas é non subvencionable: declaración responsable da vinculación proporcional de cada un dos elementos do investimento proxectado á actividade para a cal se propón o proxecto, de acordo co artigo 7.10 destas bases reguladoras.

7. No caso de adquisición de activos pertencentes a un establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirise:

– Declaración de que os activos son adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.

– Declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

– Informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada de que o prezo dos activos non é superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares.

E.3) Documentación relativa aos criterios baremables:

1. Criterios de mantemento e creación de emprego.

a) Informe de vida laboral na data da solicitude e certificado de estaren ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

b) No caso de creación de emprego para ocupar por persoas con discapacidade, deberán presentar unha declaración responsable das persoas con discapacidade que ten contrata das a empresa con carácter indefinido na data da solicitude. Computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

2. Criterios de aliñamento cos obxectivos do Pacto verde europeo: achegarase certificación ambiental da empresa relacionada cos obxectivos e propostas do Pacto verde europeo ou compromiso de obtención da certificación dentro do prazo de execución do proxecto no caso de empresas de nova creación. A certificación poderá estar relacionada, entre outras, coa xestión ambiental global, a economía circular, a eficiencia enerxética ou a redución de emisións.

F) Documentación para a xustificación do proxecto que se debe presentar xunto coa solicitude de cobramento ou liquidación.

F.1) Documentación xustificativa do investimento:

1. Documentos acreditativos dos investimentos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que as permitan relacionar co gasto xustificado.

2. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións relacionados con inmobles, deberán presentar:

a) No caso de obra de nova construción, rehabilitación ou reforma: licenza municipal de obra ou comunicación previa, segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (en diante, Lei 9/2013), no caso de obras acollidas a este sistema de comunicación previa.

Nos casos en que sexa preceptivo, certificado de finalización da obra expedido polas persoas facultativas responsables da dirección da obra e da súa execución.

b) No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade: escritura pública en que conste o importe da subvención concedida e que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención ata finalizado o prazo de obrigado mantemento deses bens. Estes requisitos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007. Este documento poderá presentarse ata 6 meses despois de finalizado o prazo de xustificación do proxecto.

c) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os cales exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

d) No caso de adquisición de edificacións xa construídas, de non se ter achegado na fase de instrución: informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada que certifique o valor de mercado dos bens adquiridos.

e) No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á liquidación da axuda e sempre que non se achegase con anterioridade á resolución: contrato de compravenda.

f) No caso de proxectos que requiran a realización de obra civil:

Certificados de xestión de residuos de construción e demolición con destino á reutilización, reciclaxe e recuperación, expedidos polos xestores de destino como xustificación da entrega, incluíndo os códigos da Listaxe europea de residuos (LER) e a porcentaxe de valorización alcanzada.

Certificado expedido pola empresa contratista conforme non se utilizaron para a execución da obra amianto nin substancias moi preocupantes identificadas a partir da Listaxe de substancias suxeitas a autorización, que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006.

Documentación que evidencie que se levou a cabo a análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestruturas, en todas as fases do ciclo do proxecto, no caso de non entregalo na solicitude. A dita análise pode integrarse na avalición de impacto ambiental nos proxectos en que resulte preceptivo.

3. No caso de investimentos en aplicacións informáticas, deberán acreditarse as condicións establecidas no punto 4 da alínea C.1) do presente cadro de especificacións, mediante informe de auditor, inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Con tas, que verifique o cumprimento das condicións incluídas no citado punto.

4. Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a persoa beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 7.7 das bases reguladoras, no caso de non as teren achegado xunto coa solicitude da axuda.

5. Nos casos de creación dun novo establecemento ou de inicio dunha nova actividade: comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento, segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, e certificado de situación censual da AEAT que acredite a alta na actividade subvencionable, durante o prazo de execución do proxecto, do novo establecemento obxecto de subvención.

6. Memoria técnica, que deberá cubrirse no formulario electrónico de xustificación.

F.2) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución por algún dos seguintes medios:

1. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a data de pagamento, o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que se deberá manifestar sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente, e do cumprimento dos prazos legais de pagamento segundo a Lei 3/2004. Este informe será obrigatorio para proxectos con máis de 50 xustificantes de pagamento.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos banca rios de cargo en que conste o cambio empregado.

Para seren considerados subvencionables, os gastos deberán ter sido aboados dentro do prazo de execución do proxecto e nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

3. Nos casos de mantemento e/ou creación de emprego indefinido por conta allea: informe da vida laboral de todas as contas de cotización da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia na data de finalización do prazo de execución do proxecto fixado na resolución ou acordo de concesión ou na data de presentación da solicitude de cobramento ou liquidación, se esta fose anterior.

Para xustificar a creación de emprego de persoas con discapacidade, a beneficiaria deberá achegar o certificado ou resolución expedidos polo Instituto de Migracións e Servicios Sociais (Imserso) ou polo órgano competente da Comunidade Autónoma, segundo corresponda.

4. Certificación ambiental relacionada cos obxectivos do Pacto verde europeo, no caso de terse valorado na concesión da axuda e ser nova.

5. Documentación acreditativa da publicidade do financiamento público: copia, que permita a súa lectura, do material onde se aprecie que se cumpriu a obriga de publicidade do financiamento público, segundo o previsto no artigo 30.1.f) e anexo X das bases reguladoras.

I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

A) Tipoloxías e dimensión dos proxectos subvencionables.

A.1) Tipoloxía de proxectos subvencionables.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que impliquen unha ampliación de capacidade dun establecemento existente.

A.2) Dimensión do proxecto de investimento.

Os proxectos desta tipoloxía para os cales se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 900.000 €.

B) Actividades subvencionables.

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

CNAE 2009

Descrición

Observacións

08.

Outras industrias extractivas

09.

Actividades de apoio ás industrias extractivas

10.

Industria da alimentación

11.

Fabricación de bebidas

13.

Industria téxtil

14.

Confección de pezas de vestir

15.

Industria do coiro e do calzado

16.

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles, cestaría e espartaría

17.

Industria do papel

18.

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

20.

Industria química

21.

Fabricación de produtos farmacéuticos

22.

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

23.

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

25.

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipamento

26.

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

27

Fabricación de material e equipamento eléctrico

28

Fabricación de maquinaria e equipo n.c.n.p.

29.

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

30.

Fabricación doutro material de transporte

31.

Fabricación de mobles

32.

Outras industrias manufactureiras

33.

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

38.2

Tratamento e eliminación de residuos

38.31

Separación e clasificación de materiais

38.32

Valorización de materiais xa clasificados

45.2

Mantemento e reparación de vehículos de motor

45.4

Venda, mantemento e reparación de motocicletas e dos seus

recambios e accesorios

Soamente mantemento e reparación. Exclúese a venda

52.10

Depósito e almacenamento

52.24

Manipulación de mercadorías

59.

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

71.20

Ensaios e análises técnicas

C) Conceptos de investimento subvencionables.

Bens de equipamento: maquinaria de proceso, ferramenta (incluídos os moldes, modelos e cuños) e outros bens de equipamento relacionados co proceso produtivo e co proxecto de ampliación de capacidade presentado.

En ningún caso terán a consideración de bens de equipamento as obras necesarias para a súa instalación.

O número de bens de equipamento incluídos na solicitude de axuda non poderá ser superior a catro.

Un ben de equipamento poderá levar incorporados accesorios, que, en todo caso, formarán parte do mesmo contrato e deberán ser incluídos na oferta ou orzamento conxuntamente co equipo vinculado.

Non se considerarán como un único ben de equipamento as liñas de produción completas, agás que cada elemento da liña non teña funcionalidade propia de maneira independente, o que deberá acreditar a persoa solicitante achegando informe de técnico independente.

En calquera caso, non se considerarán subvencionables bens suntuarios ou que teñan un custo moi superior a outros similares que cumpran a mesma funcionalidade.

D) Contía da axuda.

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable polas seguintes porcentaxes:

– 30 %, no caso das pequenas empresas.

– 20 %, no caso das medianas empresas.

E) Documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de subvención e, de ser o caso, de préstamo.

E.1) Documentación do expediente administrativo:

1. Certificado de situación censual expedido pola AEAT ou, no caso de novas actividades ou novos establecementos, compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

2. Documentación xurídica da personalidade da solicitante:

Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades inscritas no Rexistro Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

3. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico da solicitude.

4. No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o cal se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

5. Declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico da solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

6. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións delas.

7. Declaración de cumprimento cos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, e acreditación do devandito cumprimento con:

a) No caso das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

b) Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

1º. Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, se da información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, bastaría un certificado, emitido polo auditor de contas da sociedade, que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais cumpriría, polo tanto, o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

2º. Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención ou axuda. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun informe de procedementos acordados realizado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. O informe terá validez durante o prazo de 6 meses desde a data de referencia.

8. Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio do no significant harm-DNSH), segundo o anexo XI destas bases.

9. Documentación que acredite a realización da análise da defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial, de acordo co establecido no artigo 73.2.j) do Regulamento (UE) 2021/1060, tendo en conta as orientacións técnicas sobre a defensa contra o cambio climático das infraestruturas para o período 2021-2027 (Comunicación da Comisión 2021/C 373/01, DOUE 16.9.2021) e as instrucións que desenvolva para o efecto a autoridade de xestión dos programas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2021-2027. Con todo, se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación na fase de xustificación, na cal o promotor deberá acreditar a documentación e verificación da defensa da infraestrutura fronte ao cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto.

10. Se se solicita préstamo parcialmente reembolsable, deberán achegar, adicionalmente ao anterior:

a) No caso de suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do imposto sobre sociedades do último exercicio impositivo para o cal estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

b) No caso de persoas físicas ou entidades que non sexan suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do IRPF do empresario e/ou dos socios, segundo o caso, referida ao último período impositivo para o cal estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

c) Declaracións do IVE presentadas no exercicio corrente e declaración resumo do IVE do exercicio pechado anterior, en PDF nativo.

d) Extractos bancarios de cada unha das contas bancarias da solicitante, comprensivos dos catro meses anteriores á data de presentación da solicitude, en formato PDF nativo (descargados directamente da aplicación web da entidade financeira ou facilitados por ela).

e) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente, que a solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

f) Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidos a unha data e período recentes, respectivamente.

g) Memoria para a cualificación do risco de crédito co seguinte contido:

– Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa.

– Capacidades básicas: estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control.

– Capacidade técnica da entidade: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais.

– Capacidade tecnolóxica da entidade: recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i.

– Capacidade económica da entidade: análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade.

h) Acreditación da dispoñibilidade do financiamento necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

i) Plan económico-financeiro da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto da solicitude.

Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega de calquera outra documentación xustificativa para os efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

E.2) Documentación relativa aos investimentos:

1. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado a persoa solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.7 destas bases reguladoras.

No caso de elementos para os cales, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de provedores que os subministren: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo desta circunstancia.

No caso de elementos para os cales se pretenda a subvencionalidade dunha oferta económica distinta da de menor importe: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo de que foi escollida a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e explicación dos criterios previstos e do modo en que estes fosen valorados.

2. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os cales non sexa de aplicación o previsto no punto anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

3. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

4. No caso de investimentos vencellados a máis dunha actividade económica da empresa, e se unha delas é non subvencionable: declaración responsable da vinculación proporcional de cada un dos elementos do investimento proxectado á actividade para a cal se propón o proxecto, de acordo con artigo 7.10 destas bases reguladoras.

5. No caso de investimentos en liñas de produción completas: informe emitido por persoa independente e experta na materia, xustificativo de que cada elemento da liña non ten funcionalidade propia de maneira independente.

F) Documentación para a xustificación do proxecto que se debe presentar xunto coa solicitude de cobramento ou liquidación.

F.1) Documentación xustificativa do investimento:

1. Documentos acreditativos dos investimentos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que as permita relacionar co gasto xustificado.

2. Copia das tres ofertas que debeu solicitar a persoa beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 7.7 das bases reguladoras, no caso de non as ter achegado xunto coa solicitude da axuda.

3. Nos casos de inicio dunha nova actividade: comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013 e alta no IAE.

4. No caso de novo establecemento, certificado de situación censual da AEAT que acredite a alta na actividade subvencionable, durante o prazo de execución do proxecto, do novo establecemento obxecto de subvención.

5. Memoria técnica, que deberá cubrirse no formulario electrónico de xustificación.

F.2) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a data de pagamento, o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente, e do cumprimento dos prazos legais de pagamento segundo a Lei 3/2004. Este informe será obrigatorio para proxectos con máis de 50 xustificantes de pagamento.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

Para seren considerados subvencionables, os gastos deberán ter sido aboados dentro do prazo de execución do proxecto e nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

F.3) Documentación acreditativa da publicidade do financiamento público: copia, que permita a súa lectura, do material onde se aprecie que se cumpriu a obriga de publicidade do financiamento público segundo o previsto no artigo 30.1.f) e no anexo X das bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Determinación do tipo de xuro de mercado

Naqueles proxectos que cumpran as condicións necesarias, o órgano instrutor realizará un estudo e cualificación de risco coa metodoloxía descrita no anexo V, do cal resultarán encadrados nunha das categorías «excelente (AAA-A)», «boa (BBB)», «satisfactoria (BB)», «deficiente (B)», ou «mala/dificultades (CC)». Conforme cos criterios descritos no anexo VI, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveis de colateralización: «alta», «normal» e «baixa».

Con base nestas categorías, determinarase o tipo de xuro de mercado que correspondería a cada unha das operacións de préstamo, determinado conforme o seguinte método:

a) Tipo base: determinarase con base na media do euríbor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas, farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses anteriores se desvíe en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícao a Comisión Europea na ligazón seguinte:

http://ec.europa.eu/competition/state_aid/legislation/reference_rates.htm

b) Marxes: determinaranse para cada operación con base na súa cualificación de risco e as garantías da operación conforme a seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior ao que sería aplicable á empresa matriz.

ANEXO V

Metodoloxía de cualificación do risco de crédito

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

Antecedentes empresa/promotores no Igape/Xesgalicia

Calidade da xestión operativa

Capacitación técnica xeral

Risco de produto

Risco de mercado

Capacidade financeira

Risco por complexidade técnica

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

0-2

0-10

0-15

0-9

0-9

0-20

0-5

0-15

0

1

0

5

3

3

5

1

5

Factores atenuantes do risco

 

 

Cualificación do risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinadas ratios e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos previsto no artigo 24.3, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores no Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias.

Utilizar sistemas de información ERP ou incluír a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades.

Retribución media ao persoal adecuada.

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral.

Xerencia e administradores/consello de administración cualificado, coa achega do currículo.

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila.

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos.

Experiencia no produto/servizo.

Dispoñer de persoal cualificado no cadro de persoal.

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade.

Dispoñer de certificados ambientais.

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica.

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada.

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións.

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo.

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos).

Grao de novidade do produto/razoablemente existirá boa demanda.

Competitividade en prezo.

Competitividade en calidade.

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado.

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulatorios en relación co produto.

O produto non está contrastado tecnicamente.

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo.

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos.

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica.

Grao de diversificación da carteira de clientes.

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...).

Existencia dun plan de márketing.

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo.

Dispoñer de rede comercial adecuada.

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas.

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo.

Barreiras de entrada que afecten o proxecto.

Inestabilidade nos prezos.

Dependencia de intermediarios.

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Ratio fondos propios/pasivo total.

Ratio endebedamento financeiro/EBITDA.

Rotacións de circulante coherentes/Fondo de manobra apropiado.

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow.

Gastos financeiros contidos.

Resultado do exercicio/fondos propios.

Magnitude do proxecto en relación coa estrutura previa.

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Ratio débeda total/fondos propios.

Financiamento para conceder/fondos propios.

Financiamento para conceder/débeda total.

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas para capitalizar.

Ratio fondos propios/pasivo total inferior a limiar.

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise.

Adiamentos de débedas con administracións.

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto).

O proceso carece de complexidade técnica.

Experiencia exitosa en proxectos de similares.

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir.

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria.

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial.

Viabilidade económica e financeira da actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións.

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente.

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesouraría claro e con detalle suficiente.

Achéganse balances de situación previsionais.

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda.

Achéganse datos suficientes para o cálculo da TIR e esta polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas.

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento.

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados.

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto.

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados levará unha puntuación total de cero puntos e supoñerá a denegación da solicitude presentada.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá alcanzar polo menos o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo supoñerá a desestimación da solicitude presentada.

5. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, conforme a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

ANEXO VI

Criterios de valoración das garantías

O nivel das garantías ofrecidas valorarase con base nunha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, consonte a seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

<30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

>60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme os seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 x (patrimonio neto conforme os seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida)

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Garantías consistentes en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: considerarase o valor segundo a taxación feita por unha sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 x (valor de taxación)/(importe operación garantida)

4. Garantías consistentes en hipotecas ou peza sen desprazamento sobre bens mobles: considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente.

Puntos = 60 x (valor de peritación)/(importe operación garantida)

5. Garantías consistentes en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou peñoramento activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito: considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) /(importe operación garantida) x 100

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, e acumularanse as puntuacións que correspondan.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

As axudas aos proxectos de investimento empresarial son subvencións susceptibles de seren cofinanciadas con fondos da Unión Europea. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos, a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante a toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valla publicitaria resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas cales se instalen os equipamentos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física colocarase un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan no punto d) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación, onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

missing image file

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

missing image file
missing image file

ANEXO XII

Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos na Lei 3/2004

– No caso das solicitantes que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

– Para as solicitantes que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

• Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, se da información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, abondaría un certificado, emitido polo auditor de contas da sociedade, que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais. Cumpriría, polo tanto, o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

• Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención ou axuda*. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun informe de procedementos acordados realizado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. O informe terá validez durante o prazo de 6 meses desde a data de referencia.

Que debe incluírse no informe de procedementos acordados?

Para emitir o certificado, na data de referencia utilizada, os procedementos acordados incluirán, polo menos, o seguinte, a partir do detalle sobre os pagamentos pendentes a provedores: o auditor comprobará o importe total do detalle facilitado cos rexistros contables, obterá, de ser o caso, a conciliación oportuna, e tomará unha mostra para comprobar a corrección das facturas seleccionadas en canto a provedor, data de factura, entrega de bens ou prestación de servizos, antigüidade e clasificación. Así mesmo, comprobarase unha mostra de pagamentos realizados con posterioridade á data de referencia co obxectivo de comprobar que non existen facturas adicionais ás recollidas no detalle facilitado pola entidade, ou comprobarase a partir do detalle de facturas de provedores do libro rexistro de IVE soportado, para unha mostra de facturas, se están pendentes de pagamento e, en tal caso, a súa inclusión no detalle de facturas da data de referencia; no caso contrario, a partir do maior de provedores seleccionarase unha mostra cun grao de confianza suficiente e realizarase confirmación externa con provedores.

Unha vez realizados estes procedementos, entenderase cumprido o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións cando da información proporcionada non derive que existen facturas pendentes de pagamento cunha antigüidade superior a 60 días.

* O certificado terá unha data de corte, que se considerará data de referencia, anterior á data de emisión do certificado (dun máximo dun mes), posto que o auditor, para poder emitir o seu informe con referencia a unha data ten que terminar os procedementos de comprobación antes da data de solicitude da subvención ou axuda.